Jaume Serra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Detalle do Retablo do Santo Espírito, de Jaume Serra, na catedral de Manresa

Jaume Serra (século XIV) foi un pintor catalán de estilo ítalo-gótico.

Biografía[editar | editar a fonte]

Serra procedía dunha família de pintores activos en Cataluña no século XIV, e tamén o foran os seus irmáns Pere, Francesc e Joan. Os irmáns Serra cultivaron o denominado estilo ítalo-gótico, de influencia sobre todo sienesa, como era típico na Cataluña do século XIV. Realizan figuras pequeñas, estilizadas, de ollos achinados e boca pequena. Jaume difundíu un modelo de Virxe da Humildade, lactante, cun doante a un lado, de uso funerario.

Jaume Serra coŀaborou cos seus irmáns na realización do retablo do mosteiro de Sigena (Huesca), hoxe no Museo Nacional de Arte de Cataluña.

Obras[editar | editar a fonte]

A Jaume atribúenselle:

  • O Retablo da Virxe, convento do Sepulcro, Zaragoza, conservado no Museo de Zaragoza.
  • O Retablo de frei Martín de Alpartir, hoxe tamén no Museo de Zaragoza.
  • A Virxe de Tobed (Colección particular en Zaragoza). Aparece como doante o rei Henrique II de Castela, xunto coa raíña Juana Manuel de Castela e mais súa filla Eleonor de Castela, nacida no ano 1362.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Azcárate Ristori, J. M.ª de, ”Pintura gótica del siglo XV”, en Historia del arte, Anaya, Madrid, 1986. ISBN 84-207-1408-9
  • Luis Monreal Tejada, Grandes Museos, vol. 1 e 3, Editorial Planeta, 1975. ISBN 84-320-0460-X

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]