Jan Guillou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jan Guillou.jpg

Jan Oscar Sverre Lucien Henri Guillou, nado en Södertälje o 17 de xaneiro de 1944, é un escritor e xornalista sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como xornalista para o Folket i Bild - aktuellt nos anos 1966 e 1967. Foi cofundador en 1970 da revista Folket i Bild - Kulturfront, na que en 1973 escribiu en colaboración con Peter Bratt unha serie de artigos nos que se revelou que Suecia mantiña, de forma ilegal, unha axencia militar de espionaxe, coñecida como Informationsbyrån ou IB, que espiaba a cidadáns suecos por razóns políticas. O asunto converteuse nun escándalo político, IB-affären e Guillou, xunto a Bratt, foi acusado de espionaxe e pasou dez meses na cadea.

Na súa estadía na prisión, Guillou pensou como podería escribir o que sabía sen realmente escribir sobre iso, o que tiña prohibido facer. Decidiu escribir unha serie de historias de ficción sobre un espía sueco, así foi como naceu o personaxe de Carl Hamilton, alcumado como Coq Rouge, que deu orixe a 10 novelas, das que se fixeron varios filmes. Tamén escribiu unha serie de novelas que protagoniza Arn Magnusson, un cabaleiro templario sueco.

Actualmente Guillou é un comentarista influente, os seus artigos aparecen no xornal Aftonbladet, e dende alí critica a política exterior dos Estados Unidos, a política israelí contra os palestinos ou o Servizo Secreto Sueco.

Obra[editar | editar a fonte]

Serie Coq Rouge[editar | editar a fonte]

Serie Arn Magnusson[editar | editar a fonte]