Jacopo Bassano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Decapitación de San Xoán Bautista

Jacopo Bassano ou Giacomo da Ponte, nado en Bassano del Grappa ca. 1515 e finado en 1592, foi un pintor italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do pintor Francesco Bassano o vello, Jacopo adoptou algo do seu estilo nas súas pinturas relixiosas, que incluían elementos novos como animais, granxas. Foi discípulo en Venecia de Tintoretto e influiu en El Greco, abriu un obradoiro na súa localidade natal cos seus catro fillos: Francesco o novo (1549–1592), Gerolamo (1566–1621), Giovanni Battista (1553–1613) e Leandro (1557–1622), que compartiron o seu estilo, e as veces é difícil atribuír as obras a un en concreto.
Pintou escenas bíblicas e retratos, e entre as súas obras máis coñecidas están A anuncación aos pastores, Cristo botando aos mercadores do Templo, A derradeira cea ou O bo samaritano.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jacopo Bassano