Tintoretto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A última cea, 1592-1594, Unha das súas últimas obras, cumio do manierismo do autor e á vez naturalistas e fantasmagóricas

Jacopo Robusti, coñecido como Tintoretto, nado o 29 de setembro de 1518 e finado o 31 de maio de 1594, foi un pintor italiano.

Traxectoria [editar]

Foi un dos máis grandes pintores da escola veneciana e probablemente o último gran pintor do Renacemento italiano. Pola súa fenomenal enerxía pintando foi alcumado Il Furioso, e o uso dramático da perspectiva espacial e os efectos especiais da luz fixérono precursor da arte barroca co seu característico estilo manierista.

Influído por Parmigianino no terreo formal e por Miguelanxo no espiritual a súa orixinalidade amósase en obras como o Lavatorio (1547), pola súa concepción do espazo baleiro e profundo ou no Miragre do escravo (1548), onde unha conmoción de gran violencia axita a todos os personaxes.