Golfiño
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Golfiño (homónimos).
| Golfiño | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||
|
Os golfiños ou delfíns son mamíferos cetáceos pertencentes á familia Delphinidae (delfínidos).
Índice |
[editar] Especies de golfiño
- golfiño común (Delphinus delphis)
- golfiño riscado (Stenella coeruleoalba)
- arroaz (Tursiops truncatus)
- candorca (Orcinus orca)
- toniña (Phocoena phocoena)
- caldeirón (Globicephala melas)
[editar] Descrición xenérica
O hábitat natural de trinta e tres especies de golfiños é na auga salgada, na costa ou no mar aberto. Porén, cinco especies viven en ríos e lagoas. Algúns golfiños de auga doce viven no encontro da auga doce coa salgada. A especie máis común de encontrar é a Delphinus delphis. A alimentación dos golfiños, na maioría dos casos, é de peixes e luras, mais algunhas especies aliméntanse de baleas, pingüíns ou focas. Os golfiños non conseguen mastigar a comida, eles pégana cos dentes e engólena enteira. Para cazar, os golfiños ás veces nadan en grupos un do lado do outro comendo todo o peixe que aparece na súa traxectoria. Porén algúns científicos cren que os golfiños usan as vibracións sonoras para buscaren os peixes máis facilmente. Non precisan beber auga, porque no peixe xa teñen a auga necesaria.
Os golfiños son mamíferos que, diferentes do común, viven na auga. Teñen un período de xestación de 9 a 12 meses. Os fillotes nacen na auga, o que non é moi común entre mamíferos. Normalmente nace soamente un fillo, a non ser que sexan xémeos. Neste caso un xeralmente morre. As crías de candorcas nacen máis ou menos con 2,2 m e 136 kg. Na media da maioría das especies os golfiños pódense reproducir aos 7 anos.
Os predadores do golfiño son os tiburóns, as baleas e o ser humano. Moitas veces os golfiños morren en redes para pescar atún. Para achar atúns, os pescadores moitas veces buscan os golfiños, porque o alimento deles é o mesmo. Para se protexer os golfiños nadan en grupos, xa que é mais fácil identificar o inimigo nun grupo do que individualmente. Unha estratexia de supervivencia fundamental para os golfiños son as vibracións sonoras. Elas permiten que escoiten a outros golfiños, baleas, peixes, barcos e o eco deles mesmos. Emiten un son que cando encontra algo volta, e permite que o golfiño saiba a distancia do individuo, barco, pedra. Os golfiños teñen oído interno.
A lingua dos delfíns pode adoptar unha forma "acanalada", o que lles permite ás crías mamar impedindo que se mesture o leite materno coa auga salgada.
É prodixiosa a comunicación que estes animais poden manter co ser humano, e desta especial relación xorde a delfinoterapia, técnica medicinal coa que actualmente é posíbel tratar nenos con discapacidades psíquicas e sensoriais, así como tamén persoas en períodos de rehabilitación de adiccións tales como o alcol ou as drogas.
[editar] Evolución
Durante tempo creuse que os cetáceos eran descendentes de mamíferos terrestres, os mesoniquios, orde extinta de ungulados carnívoros. Agora crese que os golfiños, xunto coas baleas e as toniñas, descenden de mamíferos terrestres, máis precisamente dos Artiodáctilos, relacionados cos hipopótamos;[1] durante o Eoceno (arredor de cincuenta millóns anos atrás), os ancestros dos cetáceos refuxiábanse na auga, de forma similar ao tragúlidos[2]. Os esqueletos dos golfiños modernos teñen dous pequenos ósos na pelve, remanente do que algunha vez foron extremidades posteriores.
Un longo proceso evolutivo levou a un pequeno animal terrestre a vivir no mar ata transformarse no actual golfiño. (De arriba a abaixo) primeiro a forma enteiramente terrestre; debaixo, a anfibia. A primeira remonta a hai uns 50 millóns de anos; polo tanto desenvólvese no transcurso da Era Terciaria. A forma anfibia alcanzouse logo de cinco millóns de anos, e outros tantos foron necesarios para que se formase a característica cola con aleta horizontal. As sucesivas transformacións déronse na dirección de afianzar a súa especialización, e refírense ao aumento da masa cerebral e ao nacemento dunha forma alargada do morro, cunha dentadura diferente.
- Mesonychidae:
- Antepasado terrestre eocénico que viviu hai uns 50 millóns de anos.
- Protocetidae:
- A primeira forma acuática coñecida, probablemente anfibia, que viviu hai uns 45 millóns de anos.
- Dorudontidae:
- Forma completamente acuática de hai uns 40 millóns de anos.
[editar] Notas
- ↑ University Of California, Berkeley (7-2-2005) UC Berkeley, French Scientists Find Missing Link Between The Whale And Its Closest Relative, The Hipp. ScienceDaily. Consultado o 4-06-2010.
- ↑ Ian Sample (19-12-2007) Whales may be descended from a small deer-like animal. Guardian Unlimited. Consultado o 4-06-2010.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas