Jack Gould

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jack Ludlow Gould, nado o 5 de febreiro de 1914 en Nova York e falecido o 24 de maio de 1993 en Berkeley, foi un xornalista estadounidense especializado na crítica de teatro, radio e televisión estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1932 entrou a traballar no New York Herald Tribune como mozo de recados, aprendeu o oficio e especializouse na crítica teatral, en 1937 pasou ao New York Times seguindo coa crítica teatral ata comezos da década de 1940 cando pasou a realizar crítica de radio, en 1944 converteuse no editor da sección de radio do xornal, a partir de 1947 pasou a centrase na crítica televisiva, converténdose nun dos máis influentes do país[1]. En 1958 publicou All about radio and television dedicado á divulgación do mundo da radio e da televisión entre os máis novos. Gould criticou a difusión que as televisións fixeron do fenómeno de Elvis Presley, unha visión compartida por boa parte dos adultos de clase media branca na década de 1950[2]

Notas[editar | editar a fonte]