Carnivàle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carnivàle
Formato Fantasía negra
Drama
Misterio
Creado por Daniel Knauf
Intérpretes Michael J. Anderson
Adrienne Barbeau
Patrick Bauchau
Clancy Brown
Debra Christofferson
Tim DeKay
Clea DuVall
Cynthia Ettinger
John Fleck
Carla Gallo
Toby Huss
Amy Madigan
Diane Salinger
Nick Stahl
Karyne Steben
Sarah Steben
Brian Turk
Ralph Waite
País de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s) Inglés
Número de temporadas 2
Episodios 24 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es) executivo(s) Howard Klein
Daniel Knauf
Ronald D. Moore
Localización(s) California
Cámara Cámara única
Duración 45 - 60 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixe HBO
Emisión 14 de setembro de 200327 de marzo de 2005

Carnivàle é unha serie de televisión estadounidense ambientada na Gran Depresión e no Dust Bowl. Conta a historia das vidas de dous disparatados grupos de persoas, o tempo que trata os temas da loita entre o ben e o mal, e o dilema do libre albedrío e do destino. Tamén aparecen mesturados a teoloxía cristiá co gnosticismo e a masonería, particularmente a da Orde dos templarios. A serie foi filmada en Santa Clarita, California, e noutras localización do sur de California.

Carnivàle foi producida pola HBO e tivo dúas tempadas entre o 14 de setembro de 2003 e o 27 de marzo de 2005. Foi creada por Daniel Knauf, que tamén foi o seu produtor executivo canda Ronald D. Moore e Howard Klein. A música foi composta por Jeff Beal. Nick Stahl e Clancy Brown interpretan ós protagonistas Ben Hawkins e Justin Crowe, respectivamente.

A crítica louvou o estilo de Carnivàle pero cuestionou o enfoque e a execución da historia. O seu primeiro episodio acadou un récord de audiencia para unha serie orixinal da HBO,[1] pero a serie non foi quen de manter os espectadores na segunda tempada. Carnivàle foi cancelada despois de 24 episodios, acabando con catro das seis tempadas pretendidas. Gañou cinco premios Emmys no 2004, foi nomeada a outros dez, e recibiu outros moitos nomeamentos entre 2004 e 2006.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Solid 'Carnivale' start after HBO's hot 'Sex'". Variety. 16 de setembro de 2003. http://www.variety.com/article/VR1117892559?refCatId=1275. Consultado o 5 de agosto de 2007.
  2. "Awards for "Carnivàle"". Internet Movie Database. Arquivado do orixinal o 25 de febreiro de 2013. http://www.webcitation.org/6EhD6SwcK. Consultado o 27 de agosto de 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]