Ivars Godmanis
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Ivars Godmanis (Riga, 27 de novembro de 1951) é un político de Letonia. Foi o primeiro Primeiro Ministro de Letonia trala independencia do país da Unión Soviética, en decembro de 2007 volveu ser elixido Primeiro Ministro por segunda vez.[1]
Estudou na facultade de física e química da Universidade de Letonia e participou no movemento nacionalista letón impulsando o Fronte Popular Letón, partido que aglutinaba a maioría de forzas nacionalistas.
Godmanis, elixido nas eleccións do 18 de marzo de 1990, serviu como primeiro ministro no período de 1990 a 1993, o seu principal reto foi dirixir a difícil transición económica de Letonia desde o comunismo ao capitalismo. Nos comicios de 1993 obtivo unha estrepitosa derrota e retirouse da vida política.
A súa volta do sector privado produciuse en 1998, ano en que ingresou no partido Camiño de Letonia, escisión da Fronte Popular e exerceu o cargo de Ministro de Finanzas ata 1999.
Nas eleccións de 2002 o seu partido perdeu a representación parlamentaria sendo nomeado presidente deste dous anos despois. En novembro de 2006, tralas eleccións que posibilitaron a volta do Partido Camiño de Letonia ao Saeima, Godmanis fíxose cargo do ministerio do interior e o 14 de decembro de 2007, foi nomeado polo Presidente Valdis Zatlers primeiro ministro tras a dimisión de Aigars Kalvītis. O seu nomeamento foi aprobado polo Parlamento o 20 de decembro, con 54 votos a favor e 43 contra.[2]
O 18 de xuño de 2008, Godmanis sufriu un accidente de tráfico, cando o seu coche oficial encaixouse cun microbús nas rúas de Riga.[3]
Como nota curiosa, moderou un programa radiofónico na emisora privada SWH, sobre a historia da música rock.
| Predecesor: Vilnis-Edvīns Bresis RSS de Letonia |
Primeiro Ministro de Letonia 1990-1993 |
Sucesor: Valdis Birkavs |
| Predecesor: Aigars Kalvītis |
Primeiro Ministro de Letonia 2007-actualidade |
Sucesor: No cargo |
Índice |
Véxase tamén[editar]
Notas[editar]
- ↑ "Godmanis nominated for prime minister", The Baltic Times, 19 de decembro de 2007.
- ↑ "Latvia’s old coalition back in power", Reuters (The Peninsula Online), 21 de decembro de 2007.
- ↑ Latvian PM injured in car crash.