Isidro Buceta
Isidro Buceta Buceta, nado en Pontevedra en 1883 e finado en Madrid o 19 de abril de 1974, foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1904). Foi director do periódico El Progreso dende a súa fundación. Foi concelleiro e síndico do Concello de Pontevedra e presidente do Recreo de Artesanos. En 1916 marcha a Madrid. Vincúlase co agrarismo na súa última etapa en El Progreso, cando se produce a escisión entre monteristas e riestristas, apoia o movemento Acción Gallega e ao seu líder Basilio Álvarez, e inicia unha campaña contra o marqués de Riestra. En 1923, a raíz dos acontecementos agrarios de Sobredo, foi invitado polo Ateneo Madrileño para explicalo. Esta conferencia publicouse como El agrarismo gallego y su momento actual. Nas eleccións de municipais de abril de 1931 foi candidato da coalición monárquica por Madrid. Durante a II República estivo vinculado ao Partido Agrario Español.
Obras [editar]
Ensaio [editar]
- El agrarismo gallego y su momento actual, 1923.
Poesía [editar]
- Humo al viento, 1960.
- Cantares y coplas, 1971.
- Aquel día (Veinticuatro horas), 1973.