Illas Shortland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Solomon Islands - Shortland.PNG
Shortland Island NASA.jpg
Fotografía desde un Satélite da NASA
Situación
País Illas Salomón
Provincia Occidental
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 6°55′S 155°53′E / 6.917°S 155.883°E / -6.917; 155.883
Xeografía
Superficie 414 km² km²
Demografía
Poboación 3.100 hab. (1986)


As Illas Shortland son un grupo de illas pertencentes á Provincia Occidental das Illas Salomón. Nomeadas por John Shortland, atopanse no extremo noroeste do territorio do país, preto da illa de Bougainville, Papúa Nova Guinea. A illa máis grande é a Illa Shortland. Outras illas inclúen a Ovau, Pirumeri, Magusaiai, Fauro e Ballale (que foi ocupada polos xaponeses na Segunda Guerra Mundial, e é o fogar de moitos avións abandonados na Segunda Guerra Mundial).

Xeografía[editar | editar a fonte]

As illas Shortland son a "fronteira natural" entre o norte das Illas Salomón (en particular, as illas de Bougainville e Buka), que pertencen a Papúa Nova Guinea e as Illas Salomón sur, que pertencen á nación insular independente desde 1978 Illas Salomón.

As illas Shortland consisten de máis de 100 pequenas illas de orixe volcánica, que forman unha cadea de preto de 65 km de lonxitude. Planas na súa maioria, algunhas plantadas con árbore de coco teñen unha superficie total de 414 quilómetros cadrados.

Non todas as illas do arquipélago están habitadas. As dúas maiores illas habitadas son Alu no suroeste e Fauro no noreste.

As Illas Shortland incluen as seguintes illas (de suroeste a noreste):

En 1986, as illas estaban habitadas por ao redor de 3.100 persoas, a maioría melanesioss.

Historia[editar | editar a fonte]

As illas Shortland foron descubertas e nomeadas polo capitán da Royal Navy John Shortland para Europa en 1788. Ata o Tratado Samoa en Berlín o 14 de novembro de 1899 o Imperio Alemán reclamou as illas.

As illas Shortland foron ocupadas a principios de 1942 por tropas de xaponésas e as ocuparon ata o final de 1943 que foron liberadas polos aliados.

Turismo[editar | editar a fonte]

As illas son visitadas de cando en vez por naves de cruceiro. Un dos seus obxectivos é a illa de Pirumeri.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Shortland

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]