Illas Nicobar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illas Nicobar
Vista da illa
Datos
Capital
País India
Localización Océano Índico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2001) 42.026 hab.
Superficie 1.841 km²
Densidade
Coordenadas 7°05′N 93°48′L / 7.083, -93.800
Maior Altura 642 m. Thullier
Localización
Localización da illa

As illas Nicobar (en Hindi: निकोबार द्वीप समूह; en támil: நக்காவரம்) son un arquipélago de illas na parte oriental do océano Índico que forman parte do territorio indio das illas Andaman e Nicobar.

Características[editar | editar a fonte]

As illas Nicobar inclúen 22 illas de varios tamaños, a máis grande é Gran Nicobar. A área total do arquipélago é de 1.841 km². O punto máis alto é o monte Thullier de 642 m. A poboación das illas era de 42.026 persoas en 2001, aproximadamente o 65% eran indíxenas de Nicobar e o resto inmigrantes da India e Sri Lanka.

As illas Nicobar están recoñecidas como unha ecorrexión propia: o bosque chuvioso das illas Nicobar, con moitas especies endémicas.

Como resultado da baixada do nivel do mar durante a idade do xeo, as Illas Andaman estiveron conectadas co sueste de Asia pero parece que as illas Nicobar nunca estiveron conectadas a terra aínda que a baixada do nivel do mar fixo que varias illas se unisen entre si.

Historia[editar | editar a fonte]

Crese que as illas Nicobar estiveron poboadas desde hai miles de anos. Nas illas fálanse seis idiomas do tipo de linguas mon-jemer, chamados linguas nicobaresas, que forman parte das familia austroasiática. Unha tribo primitiva que vive no extremo sur de Gran Nicobar, chamados os Shompen, talvez sexan de orixe insular pacífico ou do sueste asiático.

A historia da colonización europea empeza coa Compañía Danesa das Indias Orientais na década de 1750. O control danés acabou en 1869 cando os británicos tomaron posesión das illas.

O 26 de decembro de 2004 a costa das illas Nicobar viuse devastada por un tsunami de 10-15 metros de altura como consecuencia do Terremoto do Océano Índico 2004. Máis de 6.000 persoas morreron nas illas a causa do tsunami e varias illas foron divididas en diversos anacos. Máis de dous meses despois do desastre non se tiñan noticias de 7 grupos dunhas 150 persoas dos 389 que formaban os Shompen en total.