Illa King, Columbia Británica
Illa King | |
---|---|
Nuxalknalus | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Canadá |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 52°12′N 127°36′O / 52.200, -127.600Coordenadas: 52°12′N 127°36′O / 52.200, -127.600 |
Xeografía | |
Superficie | 808 km² |
Longura máxima | 100 km. |
Largura máxima | 20 km. |
Punto máis alto | 1.679 m. Farquhar Peak |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A illa King (en lingua nuxalk: Nuxalknalus) é unha illa deshabitada na costa da provincia canadense da Columbia Británica. Está situada ao sur da canle Dean e ao redor de 20 km ao leste de Bella Bella. Outras illas separan a illa King do mar aberto na Enseada da Raíña Carlota.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
No idioma de Nuxalk o nome da illa é Nuxalknalus, "centro do Territorio Nuxalk".[1] O nome de illa King púxollo en 1793 George Vancouver, na honra do Capitán James King, baixo o cal Vancouver servira como gardamariña no Discovery durante a última parte da terceira viaxe de James Cook.[2]
Xeografía[editar | editar a fonte]
A illa King está separada do continente pola canle Dean ao norte, a canle Burke ao sur, e a canle Labouchere ao leste. A canle Fisher, esencialmente unha extensión da canle de Dean, separa a illa King de varias illas ao oeste, incluíndo a illa de Denny e a Illa Hunter. A canle Fisher e a canle Burke únense ao extremo sur da illa King, converténdose no estreito Fitz Hugh.
Ten unha superficie de 808 km², polo que é a sétima illa máis grande da Columbia Británica.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Nuxalk Nation" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2000. Consultado o 1 de decembro de 2019.
- ↑ "King Island". Goberno da Columbia Británica (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2019.
- ↑ "The Atlas of Canada" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2006. Consultado o 1 de decembro de 2019.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa King, Columbia Británica |