Illa Graham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Graham
localización da illa
Situación
País Canadá
Provincias e territorios do CanadáColumbia Británica
ArquipélagoHaida Gwaii
MarOcéano Pacífico
Coordenadas53°25′32″N 132°14′32″O / 53.42556, -132.24222
Xeografía
Superficie6.361 km²
Demografía
CapitalQueen Charlotte City (948 hab.)
Poboación4.475 hab. (2001)
Densidade0'70 hab./km²
Lingua propiaLingua haida

A illa Graham (en inglés, Graham Island, tamén coñecida en lingua haida como Haida Gwaii, «terra dos haida») é unha grande illa próxima á costa oeste do Canadá (2.608 km²), a maior das dúas grandes illas do arquipélago da Haida Gwaii, pertencente á provincia da Columbia Británica.

A illa está separada do continente polo estreito de Hecate e, ao sur, unha estreita canle, o Canal Skidegate, sepáraa da outra grande illa do arquipélago da Haida Gwaii, a illa Moresby -ou Gwaii Haanas, na lingua dos haida- e da máis pequena illa Chaatl. Ao norte, o Dixon Entrance sepáraa da Illa Príncipe de Gales, unha illa pertencente xa ao estado de Alasca.

Na parte nororiental da illa estableceuse o parque provincial Naikoon. Na parte setentrional, hai un profundo e estreito entrante, o Masset Inlet, que dá acceso a un case lago interior, na parte central da illa, onde están os asentamentos de Port Clements e Juskatla. Na costa occidental, a que abre ao Pacífico, están a baía de Beresford e, máis ao sur, o Rennell Sound.

A costa occidental é máis accidentada e nese lado da illa están as cordilleiras da raíña Carlota (Queen Charlotte Ranges)

Comunidades[editar | editar a fonte]

Atraccións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]