Illa Grosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Illa Grosa (Murcia) é un cono volcánico extinguido de enorme valor natural

A Illa Grosa (en castelán Isla Grosa) en unha illa española, na Rexión de Murcia, do concello de San Javier. É a única illa da contorna do Mar Menor que se atopa fóra del, é dicir, en mar aberto, a levante de La Manga. Trátase dun cono volcánico moi escarpado que supera os 90 metros de altitude, a unha distancia de 2,5 quilómetros do norte da Manga e cunha extensión de 16,5 hectáreas.

Foi refuxio de piratas berberiscos ata o século XVIII, e anteriormente un enclave fenicio. A súa riqueza botánica e ornitolóxica aniñan os paíños, os corvos mariños, o falcón peregrino, etc. Posúe un embarcadoiro e as únicas construcións que posúe estaban asociadas a actividades militares; a illa foi zona militar ata o ano 2000, en que foi cedida á Comunidade de Murcia para actividades relacionadas co medio ambiente (ata entón era o lugar de adestramento das unidades especiais de mergulladores de combate e de desactivación de explosivos do Centro de Mergullo da Armada).

Restos arqueolóxicos[editar | editar a fonte]

Queiros de elefante fenicios encontrados baixo as aguas da illa Grosa.

A existencia dunha pena, denominada "o baixo da campá", ao leste do Farallón, a moi poucos metros da superficie, constituíu durante séculos un perigo para a navegación, e fixo naufragar numerosos pecios de orixe fenicia e romana.

O achado arqueolóxico máis importante é o dun barco fenicio do século V a. C. que se afundiu cunha carga constituída por lingotes de mineral de estaño e chumbo, manufacturas púnicas e un conxunto de queiros de elefante africano (Loxodonta africana) con inscricións fenicias. Todo o cargamento deste barco, como o do resto dos barcos descubertos baixo as aguas de Illa Grosa, expóñense actualmente no Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática de Cartagena.[1]

Protección medioambiental[editar | editar a fonte]

Gaivota de Audouin (Larus audouinii)

A illa está protexida dentro do espazo denominado Illas e Illotes do Litoral Mediterráneo da Rexión de Murcia coa categoría de Parque natural e ZEPA.

A asociación ecoloxista ANSE, xunto coa Conserjería de Medio Ambiente de Murcia, participaron no proxecto LIFE Conservación de Larus Audouinii en España. Isla Grosa (Murcia) (2004-2007)[2] co obxectivo de reforzar a poboación de Gaivota de Audouin (Larus audouinii) na illa e garantir a súa conservación. Nesta illa vive a terceira colonia máis grande do mundo desta gaivota, catalogada como globalmente ameazada (SPEC1) polo Species of European Conservation Concern, e é, polo tanto, de conservación prioritaria en Europa.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mas García, Julio (1986). ""Infraestucturas y desarrollo económico de la Qart-Hadasht ibérica".". Enciclopedia de la Historia de Cartagena. Volumen IV.. pp. 193-197. ISBN 84-85856.
  2. Web do Proxecto LIFE - Gaivota de Audouin
  3. Proxecto LIFE-Natureza Conservación de Larus Audouinii en España ANSE

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]