Illa Clarence, Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Clarence
Illa Clarence en Chile
Illa Clarence
Illa Clarence
Localización da illa
Mapa do arquipélago
Situación
País Chile
RexiónRexión de Magallanes e da Antártica Chilena
ArquipélagoArquipélago de Terra de Fogo
MarOcéano Pacífico
Coordenadas54°10′S 71°50′O / -54.167, -71.833Coordenadas: 54°10′S 71°50′O / -54.167, -71.833
Xeografía
Superficie1.110´5 km²
Punto máis alto884 m. cerro Bowles
Demografía
Poboación5 hab.[1]

A illa Clarence pertence ao arquipélago de Terra de Fogo, situado na rexión austral de Chile. Pertence ao sector que para o seu estudo denominouse como das illas do NO.[2]

Administrativamente pertence á Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena, provincia de Magallanes, comuna de Punta Arenas. Está dentro dos deslindes da Reserva Nacional Alacalufes.[3]

Desde hai aproximadamente 6000 anos as súas costas foron habitadas polo pobo kawésqar. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente extinguido pola acción do home branco.

Historia[editar | editar a fonte]

Debido ao seu carácter montañoso e accidentado e á carencia de recursos, a illa estivo deshabitada e só de cando en vez era percorrida por membros dos pobos kawésqar e yámana, pobos que a mediados do século XIX practicamente desapareceran pola acción do home branco. Os nativos desta parte eran considerados polos lobeiros como os máis maliciosos que calquera outros no Estreito, ou na Terra do Lume.

A illa queda en territorio kawésqar, pero era visitada frecuentemente polos indíxenas yámana quen acudían a buscar nela e noutras illas próximas a pirita de ferro, [4]mineral co que conseguían as faíscas necesarias para acender lume.[5]

Durante o mes de abril de 1828 o comandante Phillip Parker King a bordo da goleta Adelaide efectuou o recoñecemento e levantamento de baía Bell situada no lado norte da illa. A un monte alto de dous picos púxolle monte Pond en homenaxe ao Sr. Pond falecido Astrónomo Real. Cartografou parte da canle Bárbara. [6]

En abril de 1829 o comandante Robert Fitz Roy co Beagle explorou e cartografou a costa norte da illa especialmente seo Pedro. [7]

Entre abril e xuño de 1829 os tenentes Skyring e Graves co Adelaide traballaron no levantamento das canles Magdalena, Cockburn e Bárbara, tiveron moi mal tempo o que lles dificultou o traballo. O 21 de maio os tenentes Skyring e Kirke enterraron un memorial na cima do monte Skyring. [8]

Forma parte da Reserva Nacional Alacalufes dependente da Corporación Nacional Forestal.[3]

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa Clarence é unha das illas do NO do arquipélago de Terra de Fogo. Está situada ao SE da illa Santa Inés separada desta polo seo Pedro e a canle Acwalisnan. A súa latitude e lonxitude media son: 54°00'00"S e 72°00'00" W

Ten 48´28 km. de longo no seu eixe norte-sur por 37 km de maior largo. Polo seu lado norte corre o estreito de Magallanes polo leste o seo Pedro, a canle Acwalisnan e o seo Dyneley polo sur a canle Cockburn e polo oeste a canle Bárbara.

Na súa costa norte, bañada polas augas do estreito de Magallanes, atópase a baía Bell.

No seu lado leste, abertas cara ao seo Pedro atópanse as enseadas Wilson e Jorge. O seo Dyneley se interna 37 km. en dirección NO na illa Clarence e presenta varias calas e baías nas súas costas.

Na súa parte NO atópase o monte Pond. As súas maiores alturas son o cerro Bowles de 884 metros e o cerro Campana de 808 metros, ambos no lado oeste da illa.

Clima[editar | editar a fonte]

No sector da illa reina case permanentemente o mal tempo, cae copiosa choiva e o ceo está nubrado. O clima considérase de carácter marítimo, con temperaturas parellas durante todo o ano. O vento predominante é do oeste e sopra case en forma continua e sen interrupción. Pódese dicir que o réxime permanente é de mal tempo baixo todas as súas formas.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Hai calafates, fucsias e arbutus.

Entre as aves hai corvos mariños, pícidos, martiños mariñeiro, chochas e colibrís.

Nas súas costas obsérvanse lobos de mar, lontras, delfínidos e baleas. Nas augas que a rodean hai camaróns vermellos, alimento principal das baleas.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

A illa constitúe a continuación do extremo sur de América. As montañas pertencen ao sistema andino, xeralmente son de cumes redondeadas coroadas de neve. O verdor que se observa nas montañas consiste principalmente de musgo ou dunha vexetación raquítica que cobre un chan brando e pantanoso.

A roca é principalmente xade, acompañada por considerables masas de granito. [9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. Durante moitos anos, ata comezos do século XX, considerouse que as illas do grupo do NW do arquipélago de Terra do Lume eran só dúas grandes illas: a illa Santa Inés e a illa Clarence, pois non se exploraron completamente nin levantado as canles Córdoba logo Abra e Acwalisnan.
  3. 3,0 3,1 Ministerio de Bienes Nacionales (1988). "Reserva Forestal Alacalufes" (en español). 
  4. Chapman 2012, pp. 152-153-243.
  5. Tanto Fitz Roy como Emperaire ademais de Chapman refírense aos lugares onde obtiñan a pirita para facer lume.
  6. King 1839, pp. 130-140.
  7. King 1839, pp. 219-220.
  8. King 1839, pp. 241-257.
  9. King 1839, p. 136.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]