Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa aves que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A arcea, becada ou cea (Scolopax rusticola) é unha ave da familia dos escolopácidos.
Os exemplares adultos miden 33-38 cm, incluíndo os 6-7 cm do longo peteiro raiado, e 55-65 cm de envergadura, de cor parda, agás a barriga que é branca. Ten os ollos no cranio, o que lle dá unha grande amplitude de campo. Aliméntase de lombrigas , larvas de insectos e en menor medida sementes. Vive nos bosques húmidos de Europa, Asia e Norteamérica, as poboacións do norte de Europa e Asia migran ao sur de Europa e Asia, respectivamente.