Illa Santa Inés
| Illa Santa Inés | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Chile |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Terra do Lume |
| Linguas | |
| Poboación (2010) | Deshabitada |
| Superficie | 3.688 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 53°45′S 72°45′W / 53.75°S 72.75°W |
| Maior Altura | 1.371 m. |
| Localización | |
A illa de Santa Inés é unha illa de Chile que forma parte do arquipélago de Terra do Lume, localizada ao suroeste da península de Brunswick, da que está separada polo estreito de Magallanes e outras illas menores. Ten unha superficie de 3.688 km², sendo a illa máis grande da comuna de Punta Arenas e a terceira maior do arquipélago de Terra do Lume, logo da illa Grande e da illa Hoste.
Características [editar]
Administrativamente, pertence á comuna de Punta Arenas, á Provincia de Magallanes e á XII Rexión de Magallanes e da Antártida Chilena.
O seu litoral nesta área é parte da Área Protexida Costeira e Mariña de Francisco Coloane. O resto da illa é parte da Reserva Nacional Alacalufes, do mesmo xeito que a illa Desolación e a península de Córdova. Esta última atópase enfronte da illa, no outro lado do estreito de Magallanes e é unha península da illa Riesco. A illa pertence ao arquipélago de Terra do Lume. O punto máis alto da illa está a 1.341 metros.
A illa alberga un pequeno campo de xeo chamado Grandes Ventisqueros. Ten unha costa moi recortada con varios fiordes.