Igrexa Memorial Kaiser Wilhelm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kaiser-Wilhelm-Gedächtniskirche en 1900
Esta igrexa é unha das imaxes máis coñecidas da cidade
Mosaico interior representando a Guillerme II e a súa dona Augusta Victoria

A igrexa evanxélica luterana Kaiser-Wilhelm-Gedächtniskirche (igrexa en lembranza do emperador Guillerme), coloquialmente coñecida como Gedächtniskirche (igrexa da lembranza), atópase na praza Breitscheidplatz, xunto á avenida de Kurfürstendamm en Charlottenburgo-Berlín (preto do lado suroccidental do Tiergarten).

Despois de ser esnaquizada durante a Segunda Guerra Mundial, conservouse en estado de ruína como memorial.[1] Os restos da igrexa están clasificados como monumento protexido.

Historia[editar | editar a fonte]

O emperador Guillerme II doou a construción do monumento relixioso para honrar ao seu avó Guillerme I.

Durante a Segunda Guerra Mundial foi bombardeada polos Aliados na Batalla de Berlín.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa construíuse entre 1891 e 1895 de acordo aos planos de Franz Schwechten, cun estilo arquitectónico neorrománico segundo o modelo de diversas igrexas románicas de Renania, en especial á catedral de Bonn, de estilo románico tardío, e situada en Bonn. O edificio orixinal causaba gran impresión polas súas cinco torres. A torre principal acadaba os 133 metros, sendo a máis alta da cidade. No seu interior, mosaicos de gran valor lembraban a vida e fazañas do emperador Guillerme I.

Monumento[editar | editar a fonte]

Pensouse construír dentro das ruínas da igrexa demolida polos bombardeos unha igrexa de cristal. Pero tras un concurso, elixiuse a idea do arquitecto Egon Eiermann, quen propuxo un compendio entre a ruína e unha construción moderna. Mantívose así a ruína da torre, dunha altura de 68 metros, asegurada arquitectónicamente, como monumento conmemorativo contra a guerra, rodeada por un conxunto de catro partes que se construíron entre 1951 e 1961.

As paredes das novas salas da igrexa caracterízanse por ter máis de 20.000 cristais coloreados que mergullan o interior nunha luz azulada. Aparte diso, a construción de dobre parede illa o interior do ruído do tráfico das proximidades.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Igrexa Memorial Kaiser Wilhelm