Ibon Fernández Iradi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIbon Fernández Iradi
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Lasarte-Oria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Membro de
LinguaLingua éuscara Editar o valor em Wikidata

Ibon Fernández Iradi, alias Susper, nado en Donostia en 1972, é un terrorista membro da organización Euskadi Ta Askatasuna (ETA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A policía francesa considerouno en dúas ocasións o xefe do aparello militar de ETA. Detido en 2002 e 2003 en Francia, foi condenado a 15 e 30 anos de prisión respectivamente por ferir gravemente a un xendarme francés, asociación de malfeitores con fins terroristas, tenencia de armas e explosivos, portar documentos falsificados e recepción de vehículos procedentes de roubos. A súa detención en 2002 permitiu a captura posterior de máis dun centenar de membros da banda.

En xuño de 2010 foi extraditado a España de forma temporal, xunto con Balbino Saenz Olarra, para ser interrogado e, no seu caso, procesado e xulgado, polo Xulgado Central de Instrución número 3 e a Audiencia Nacional por asasinato terrorista.[1] Por entón tiña procedementos abertos pola súa participación activa en 18 atentados en España (un deles contra o ertzaintza Iñaki Totorika) en Hernani en 2001.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Francia entrega a Susper". El País (en castelán). 23 de xuño de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]