IES Monte Castelo
Coordenadas: 43°39′05″N 7°21′22″O / 43.651388888889, -7.3561111111111
IES Monte Castelo | |
---|---|
Entrada principal do IES Monte Castelo. | |
Enderezo | |
Rúa do Ril, s/n Burela | |
Datas | |
Creación | 1978 |
Educación | |
Ensinanzas | Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e FP, tanto en réxime ordinario como para persoas adultas. |
Xestión | |
Tipo | Público |
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Xunta de Galicia | |
Director | María del Carmen Naveira[1] |
Na rede | |
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo/ | |
O Instituto de Ensino Secundario Monte Castelo é un centro educativo público situado en Burela (Lugo). Imparte ensino de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior. Ademais, conta cunha sección da EOI de Viveiro, o programa CUALE e Aula Mentor.
Depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Sitúase entre o centro adscrito, CEIP Vista Alegre, e o IES Perdouro.
Ensinanzas[editar | editar a fonte]
O centro imparte educación secundaria obrigatoria a adolescentes e a súa equivalente para persoas adultas (ESA) na modalidade presencial. En canto ao bacharelato, impárteo nas súas tres modalidades: Artes Plásticas (o único centro da comarca da Mariña que o imparte),[2] Ciencias e Tecnoloxía, e Humanidades e Ciencias Sociais; na modalidade para persoas adultas, impártese os anos que hai alumnado. En canto aos ciclos formativos, o centro imparte o ciclo de grao medio en Coidados Auxiliares de Enfermaría e o ciclo de grao superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva. En cursos anteriores impartiuse o extinguido Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental.
A maiores, a oferta do centro complétase cunha sección da Escola Oficial de Idiomas Luz Pozo Garza de Viveiro que imparte todos os niveis de inglés (dende A1 a C2).
Proxectos[editar | editar a fonte]
Entre os proxectos nos que participa o centro, están:
- O programa Erasmus.[3]
- Intercambios con outros centros, como o CEIP de San Román.[4][5]
- Actividades de prevención do consumo de drogas.[6]
- Actividades de promoción do deporte.[7]
- A montaxe Non cales. Fala, realizada por 1º de bacharelato, que gañou o segundo premio na modalidade audiovisual da Concellería de Promoción do Emprego e Igualdade con motivo do 25-N.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "María del Carmen Naveira, nueva directora del IES Monte Castelo". El Progreso. 22 de setembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ García, Y. (15 de marzo de 2022). "La movilidad internacional, marca de la calidad educativa del IES Monte Castelo de Burela". La Voz de Galicia. Consultado o 15 de decembro de 2022.
somos o único centro da Mariña co de Artes Plásticas e así será para o vindeiro curso
- ↑ "Prueba superada con nota para siete estudiantes de Burela". El Progreso. 6 de xullo de 2021. Consultado o 9 de decembro de 2022.
- ↑ Iglesia, Silvia (8 de xuño de 2021). "El Ceip de Román y el IES Monte Castelo organizan un intercambio pionero". El Progreso. Consultado o 9 de decembro de 2022.
- ↑ Iglesia, Silvia (10 de xuño de 2021). "Los alumnos del Ceip de Román ejercen de guías con los del IES Monte Castelo". El Progreso. Consultado o 9 de decembro de 2022.
- ↑ "A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela levou a cabo actividades de prevención de consumo de alcohol e outras substancias con 89 alumnos do IES Monte Castelo". Crónica3. 23 de marzo de 2022. Consultado o 15 de decembro de 2022.
- ↑ "O alumnado do IES Monte Castelo de 1º curso de CSEAS realizou unha masterclass de tenis, impartida por Roberto Ramallal, profesor do ciclo de actividades físicas e deportivas". Crónica3. 7 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2022.
- ↑ "‘Non cales. Fala’, montaxe realizada por 1º de Bacharelato do IES Monte Castelo de Burela recolleu este venres o premio no certame gráfico e audiovisual convocado pola Xunta polo 25-N". Crónica3. 25 de novembro de 2022. Consultado o 15 de decembro de 2022.