Hugo de Vries

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hugo de Vries.

Hugo Marie de Vries, nado en Haarlem o 16 de febreiro de 1848 e finado en Lunteren o 21 de maio de 1935, foi un botánico neerlandés e un dos primeiros xenetistas. É un dos tres biólogos, xunto a Carl Correns e Erich von Tschermak que en 1900 redescubriron as leis fundamentais da xenética publicadas primeiro por Gregor Mendel en 1866.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De Vries, formouse nas universidades de Leiden, Heidelberg e Wurzburg. Foi nomeado profesor de Botánica da Universidade de Ámsterdan en 1878. Iniciou o seu traballo investigador abordando diversos problemas da fisioloxía vexetal, como o fluxo de sustancias desde e cara ao protoplasma, ou a orientación do crecemento das plantas. De Vries destacou nesta etapa polas súas achegas á comprensión da osmose, e débeselle o concepto e o termo de isotónico. Como axudante de Van't Hoff, axudou a sentar as bases da teoría das solucións ideais.

En 1889 publicou "Panxénese intracelular" recuperando unha interpretación errada da herdanza xenética que primeiramente fora proposta por Darwin. De Vries, empezou a experimentar coa hibridación de variedades de plantas en 1886, traballando cunha poboación de Oenothera lamarckiana dun cenagal. Deduciu as mesmas conclusións que Mendel trinta anos antes: que a herdanza dos trazos específicos é discreta (funciona coma se baseásese en partículas). Ata especulou coa posibilidade de que os mesmos xenes (que el chamou panxenes) determinasen os caracteres equivalentes de especies emparentadas pero distintas, interpretación na que se adiantou considerablemente ás persoas da súa época.

Ao final da década, de 1890 De Vries tivo noticia do semiolvidado artigo de Mendel e axustou a súa propia terminoloxía á da seu precursor. Non citou a este, con todo, cando publicou en 1900 os seus resultados en Comtes Rendus de l'Académie des Sciences, foi criticado por Correns, véndose De Vries obrigado a recoñecer a prioridade de Mendel. Xubilouse da Universidade de Ámsterdan en 1918, aínda que, continuou na investigación activa con temas novos.

De Vries, é relevante na historia da Bioloxía por iniciar o que parecía unha explicación da evolución biolóxica superior á de Darwin. Mentres este centrou a interpretación mecanicista do fenómeno evolutivo na selección natural, De Vries fíxoo na mutación. A teoría, coñecida como mutacionismo, chegou a preponderar durante un par de décadas do principio do século. O seu éxito foi efémero, e terminou cando Fisher, Morgan, Mohamed e Wright fundamentaron matematicamente, a través da análise do comportamento xenético das poboacións, a evolución por selección e deriva xenética.

A médica e educadora María Montessori fundamentouse nos seus estudos para establecer o seu principio dos períodos sensibles na aprendizaxe. Establecendo que para que se produza doadamente unha aprendizaxe as experiencias que o permiten deben producirse nun lapso temporal, que será diferente segundo o tipo de aprendizaxe que se vaia producir.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura de Vries emprégase para indicar a Hugo de Vries como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais. (Véxase listado de todos os xéneros e especies descritos por este autor en IPNI).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Intracellular Pangenesis (1889).
  • The Mutation Theory (1900-03).
  • Species and Varieties: Their Origin by Mutation (1905).
  • Plant Breeding (1907).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]