Horatio C. Burchard
Horatio C. Burchard Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1879-1885) Membro da Cámara de Representantes (1869-1879) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1825 Marshall. Nova York. |
Morte | 14 de maio de 1908 (82 anos) Freeport. Illinois. |
Lugar de sepultura | Oakland Cemetery (en) |
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
Member of the Illinois House of Representatives (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Hamilton College. |
Actividade | |
Lugar de traballo | Springfield Washington, D.C. |
Ocupación | Avogado, político e alto funcionario. |
Partido político | Partido Republicano |
Lingua | Lingua inglesa |
Horatio Chapin Burchard, nado en Marshall, Nova York, o 22 de setembro de 1825 e finado en Freeport, Illinois, o 14 de maio de 1908, foi un avogado, político estadounidense, membro da Cámara de Representantes por Illinois, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, membro do Instituto Internacional de Estatística e pai do Índice de Prezos ao Consumo (IPC).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]
Burchard naceu o 22 de setembro de 1825 en Marshall, condado de Oneida, Nova York, fillo de Frances Chapin e do diácono Horatio Burchard. En 1838, a familia trasladouse inicialmente a Aurora, Nova York, e logo a Beloit, Wisconsin, e en ambos os lugares estudou en diversas escolas públicas e privadas.[1][2][3]
En 1847 ingresou no Hamilton College, de Clinton, Nova York, onde se graduou en 1850. Cursou estudos de Dereito e foi admitido no Colexio de Avogados en 1852 para exercer nos tribunais de Wisconsin, para o que se asociou con J. W. Stewart. Logo de compaxinar o dereito cos labores de docente e de topógrafo para unha liña de ferrocarril, Burchard trasladouse a Freeport, Illinois, en 1853, onde estableceu a súa residencia e comezou a exercer a avogacía de xeito estable.[1][2][3]
Carreira política[editar | editar a fonte]
No ámbito da política, Burchard adheriuse ao Partido Republicano. En 1858 foi delegado na convención estatal republicana en Springfield e formou parte da Cámara de Representantes do Estado de Illinois entre 1863 e 1866. O 6 de decembro de 1869 resultou elixido como representante republicano no cuadraxésimo primeiro Congreso polo digalenastrito de Galena, inicialmente para cubrir a vacante deixada por E. B. Washburne, e logo foi reelixido catro veces máis, polo que exerceu este cargo ata o 3 de marzo de 1879.[1][2][3]
Durante o seu período na Cámara de Representantes foi membro do poderoso Comité de Medios e Arbitrios, no seo do cal presidiu o Subcomité de Ingresos Internos, que promoveu e debateu a primeira lei que propuña un imposto sobre a renda en tempos de paz.[1]
Director da Casa da Moeda[editar | editar a fonte]
Logo dun infrutuoso intento de reelección en 1878, o 5 de marzo do ano seguinte foi nomeado director da Casa da Moeda dos Estados Unidos polo presidente Rutherford B. Hayes, e Chester A. Arthur confirmouno no cargo en febreiro de 1884. O 30 de xuño de 1885 presentou a súa dimisión para retomar o exercicio da avogacía.[2][3][4]
Como director da Casa da Moeda, Burchard propuxo a suspensión da cuñaxe do dólar de ouro, xa que a moeda era demasiado pequena para o seu uso monetario e estaba xa practicamente fóra da circulación, e tamén se lle instou á derrogación da lei que autorizaba a cuñaxe dos dólares de comercio. Así mesmo, dirixiu a emisión da serie do de moedas de prata do dólar de Hawai de 1883.[3]
Durante o seu mandato na US Mint, Burchard ingresou no Instituto Internacional de Estatística, e en 1900 foi o supervisor do censo do terceiro distrito de Illinois[1] e creou o Índice de Prezos ao Consumo (IPC), unha ferramenta moi manexada posteriormente nos negocios e na economía.[5]
Na súa condición de exdirector da ceca pública, Burchard foi membro das Comisións de Ensaios dos Estados Unidos de 1894, 1895, 1901 e 1903.[6]
Volta á avogacía[editar | editar a fonte]
En 1885 dimitiu do seu posto de director da ceca pública para exercer novamente a avogacía en Freeport, e foi membro da comisión encargada da revisión das leis de ingresos do Estado en 1885 e 1886. Tamén foi o encargado do xurado dos premios do departamento da minaría da Exposición Universal de Chicago de 1893.[1][2][3]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Burchard casou o 15 de maio de 1861 con Jane Lawver, de Lena, Illinois, finada en 1892, coa que tivo un único fillo.[1]
Faleceu en Freeport, Illinois, o 14 de maio de 1908, ao 82 anos de idade,[3] e foi soterrado no cemiterio de Oakland.[2][7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Raum, Green (1900).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Burchard, Horatio Chapin. 1825 - 1908". Biographical Directory of the United States Congress.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 146.
- ↑ Forrer, L. (1904).
- ↑ "From 1885 to 2020: 135th Anniversary of the ISI and its Founding Members[Ligazón morta]". International Statistical Institute.
- ↑ Smith, P. (2012).
- ↑ "Horatio Chapin Burchard". Findagrave.com
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Horatio C. Burchard |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office.
- Forrer, L. (1904). "Burchard, Horatio C." En Biographical dictionary of medallists. Vol. I. Spink & Son, Londres. Páxina 311.
- Raum, Green (1900). "Horatio Chapin Burchard". En History of Illinois Republicanism. Rollins Publishing, Chicago. Páxinas 364-366.
- Smith, P. (2012). "Burchard, Horatio Chapin". En American Numismatic Biographies. Páxina 59.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: Henry Linderman |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 1879-1885 |
Sucesor: James P. Kimball |