Hop Along

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hop Along
Hop Along en 2019
OrixeFiladelfia, Pensilvania,
Período2005 - presente
Xénero(s)indie rock, folk rock, power pop, pop punk, rock acústico, emo
Selo(s) discográfico(s)Saddle Creek, Hot Green, Salinas, Big Scary Monsters
MembrosFrances Quinlan
Mark Quinlan
Tyler Long
Joe Reinhart
Antigos membrosJacki Sulley
Dominic Angelella
Peter Helmis
Na rede
hopalongtheband.com
Facebook: hopalongtheband Twitter: hopalongtheband Tumblr: hopalongband Bandcamp: hopalong Spotify: 3yYUV3hkJit05YIUEODqgp Last fm: Hop+Along Musicbrainz: 91640d9b-b077-4271-9fb7-84f3ea543f24 Songkick: 2552601 Discogs: 2180120 Allmusic: mn0003086343 Editar o valor em Wikidata

Hop Along é unha banda estadounidense de indie rock de Filadelfia, Pensilvania, formada no ano 2005 e coñecida anteriormente como Hop Along, Queen Ansleis.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Hop Along naceu como un proxecto en solitario de freak folk acústico coñecido como Hop Along, Queen Ansleis en 2004, durante o derradeiro ano de secundaria de Frances Quinlan.[2][3] Quinlan publicou o seu álbum de estrea, Freshman Year, no verán de 2005.[4]

Quinlan actuou como artista acústico en solitario durante varios anos mentres perfeccionaba o seu estilo.[5] Tres anos despois do seu primeiro álbum o seu irmán Mark uniuse a ela como batería, seguido polo baixista Tyler Long en 2009. Con esta nova formación, o nome da banda acurtouse a Hop Along.[2] O grupo lanzou o EP Wretches en 2009, e o seu segundo álbum, Get Disowned, chegou o 5 de maio de 2012,[6] conseguindo unha resposta moi positiva da crítica da prensa da música independente.[7][8] O disco foi producido por Joe Reinhart, da banda Algernon Cadwallader, ao que Quinlan coñecera na escena de concertos en sotos de Filadelfia.[3] Reinhart posteriormente pasaría a ser o guitarrista solista de Hop Along.[2]

En outubro do ano 2014, Hop Along fichou polo selo de indie rock Saddle Creek Records,[9] a través do cal editou o seu terceiro álbum de estudio, Painted Shut, o 4 de maio de 2015.[10]

O 22 de xaneiro de 2018 revelouse o título e a listaxe de cancións do seu cuarto álbum.[11] O primeiro sinxelo, "How Simple", apareceu en páxinas de streaming ao día seguinte. O álbum Bark Your Head Off, Dog publicouse o 6 de abril dese ano. O disco foi gravado por Joe Reinhart e Kyle Pulley nos Headroom Studios.[12]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
Freshman Year 2005 autoeditado como Hop Along, Queen Ansleis
Get Disowned 2012 Hot Green Records
Painted Shut 2015 Saddle Creek Records
Bark Your Head Off, Dog 2018 Saddle Creek Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hop Along, Queen Ansleis LP finally streaming, bonus EP on Bandcamp, Frances doing livestream". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Fox, Jesse David. "Is This the Best Voice in Rock Music Today?". Vulture (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 
  3. 3,0 3,1 "Hop Along // Interview". Consultado o 2023-02-18. 
  4. "Hop Along - Freshman Year (album review )". Sputnikmusic. Consultado o 2023-02-18. 
  5. McQueen, Gregg. "An Interview with Hop Along: With Eyes Painted Shut". The Aquarian (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 
  6. "Get Disowned, by Hop Along". Hop Along (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 
  7. "Hop Along - Get Disowned". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 
  8. "Hop Along - Get Disowned (album review 2)". Sputnikmusic. Consultado o 2023-02-18. 
  9. "Hop Along signs to Saddle Creek Records; new album due in spring 2015". WXPN - Vinyl At Heart (en inglés). 2014-10-30. Consultado o 2023-02-18. 
  10. "Painted Shut, by Hop Along". Hop Along (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 
  11. "Hop Along Tease New Album Bark Your Head Off, Dog". Stereogum (en inglés). 2018-01-22. Consultado o 2023-02-18. 
  12. "Bark Your Head Off, Dog, by Hop Along". Hop Along (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]