Saddle Creek Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saddle Creek Records

Compañía nai
Fundado en 1993
Fundador Conor Oberst, Justin Oberst
Estado
Distribuidoras Alternative Distribution Alliance
Xénero(s) rock
País de orixe Estados Unidos Flag of the United States.svg
Localización Omaha, Nebraska
Web oficial http://saddle-creek.com/

Saddle Creek Records é un selo discográfico estadounidense baseado en Omaha, Nebraska. Comezou como un proxecto sobre o espírito empresarial nunha clase da universidade, e foi fundado por Mike Mogis e Justin Oberst en 1993 (como Lumberjack Records). Ao pouco tempo Mogis deixou o seu lugar na empresa a Robb Nansel. O selo chamouse así pola Saddle Creek Road, unha rúa que atravesa a parte leste do centro da cidade de Omaha. Nos seus inicios contou con Conor Oberst (entón artista en solitario e na actualidade en Bright Eyes, Conor Oberst and the Mystic Valley Band e Monsters of Folk) e Tim Kasher (naquel momento en Dowdown Virginia e agora en Cursive e The Good Life), entre outros. Colectivamente, foron coñecidos como "Creekers". A primeira aparición de Saddle Creek foi no flyer dun concerto, ofrecendo "pasar unha tarde con Saddle Creek" (posteriormente ese sería o título dun DVD do selo, Spend an evening with Saddle Creek). A súa distribución corre a acargo da Alternative Distribution Alliance, que é parte do Warner Music Group.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]