Historia de Lahore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Orixes preislámicas[editar | editar a fonte]

Inda que os achados arqueolóxicos na cidade vella remóntanse ao 2000 aC (segundo a proba do carbono), as orixes de Lahore restan no terreo do mito e a lenda. Así dise fundada por Lava (Loh ou Loj) fillo de Rama (rei-deus da epopeya Ramayana), e de aí o nome da cidade (Loh-awar, Lojor ou Loh Kot, Forte de Loh; de feito no forte actual hai un templo dedicado a Lava).

Semella que a fundación histórica (por un pobo Rajput[1]) puidera ter sido arredor do ano 100 da nosa era. De feito Tolomeo (século II dC) nomea alí a cidade de Labokla. Gañou importancia nos séculos VIII e IX coma capital dun principado brahmana (templos, dous mercados principais con vivendas arredor reunidos por unha muralla de barro) pero, cun cambio de dinastía no século X, a capitalidade foi trasladada e quedou case que deserta.

Chegada do islam[editar | editar a fonte]

No comezo do século XI produciuse a invasión ghaznávida da man de Mahmud. Nomea a Malik Ayaz rei de Lahore, quen a reconstrúe coma capital establecendo unha guarnición e levantando un forte de cachotaría de ladrillo (1037-40) no lugar dos antigos (forte de Loh [1]) e portas da cidade. A poucos foi gañando en prestixio (sobor de todo cultural e académico) ata se converter de facto na capital de todo o imperio (oficial a partir de 1150).

Despois, nos séculos sucesivos, Lahore xogou só un papel secundario nos vaivéns das diferentes dinastías que gobernaron o norte do subcontinente indio. Todo mesturado coas periódicas incursións dos mongois (no 1241 capturan a cidade e destrúen en parte; na segunda metade do século XIII é repoboada e o forte refeito).

Esplendor mogol[editar | editar a fonte]

A partir de 1526 o Imperio mogol goberna o subcontinente. Lahore vai ser unha das súas capitais e verase enriquecida por unha ampla actividade construtora. O emperador Akbar mantén alí a súa corte entre 1584-98. Erixe un forte de sólida cachotaría de ladrillo no canto do medieval (base do actual Forte de Lahore [2][Ligazón morta]) e rodea a cidade de novas murallas con nobres portas [3][Ligazón morta].

Os seus sucesores engaden ao complexo salas de audiencia (diwan), residencias pacegas, mesquitas (Mesquita da Perla (1645) e Badshahi (1673) [4][Ligazón morta]) e portas monumentais (Porta Alamgiri,1673). Ademais erixen nas inmediacións suntuosas tumbas (Mausoleo de Jahangir (1634) [5][Ligazón morta]), e na propia cidade, por parte de altos dignatarios, máis tumbas e mesquitas (Mesquita de Wazir Khan (1636) [6][Ligazón morta][7][8]). Finalmente, nas aforas da urbe, magníficos xardíns polos que a capital mogol terá sona (sinaladamente os Xardíns de Shalimar, 1641 [9] Arquivado 09 de setembro de 2010 en Wayback Machine.). Xusto por alí chegaba a Grand Trunk Road, calzada que dende Calcuta atravesaba o norte da India.

os xardíns de Shalimar

O declive do Imperio mogol tras Aurangzeb levou a un período de inestabilidade no século XVIII que rematou coa creación dun efémero imperio Sikh do que Lahore foi capital en 1799. O primeiro maharajah, Ranjit Singh, continuou a enriquecer o patrimonio construído da cidade (Samadhi ou mausoleo seu entre o Forte e a Mesquita Badshahi).

Dominio británico e independencia[editar | editar a fonte]

Finalmente, en 1849 o Punjab e a súa capital caen no poder dos británicos que van transformala nunha cidade moderna (ferrocarril, edificios administrativos, universidade, museos e ocio, servizos) [10].

Lahore xogou un papel importante primeiro, na independencia da India, e despois na partición da que xurdiu Paquistán (1947). Tamén foi a que máis sufriu as consecuencias: partición do Punjab, do que sempre foi capital natural (fronteira a 20 km); perda de influencia en beneficio de Karachi e Islamabad; e continuados conflitos sanguentos entre as comunidades musulmá, hindú e sikh, que sempre cohabitaron a urbe.

notas[editar | editar a fonte]

  1. Rajaparikshit rei de Kurukashetra da estirpe Ila e a chama Ilawar. Conquistada polos Takkas (adoradores de serpes) constrúen unha nova cidade e a chaman Alawar polo seu símbolo Ala, o río serpe. Cando arriban os Kushan, os rajputs Saka que chamaban a cidade Lohkot emigraron a Rajputana (145 dC). Os kushana (que eran Thakurs) levantan unha nova cidade, Tahora (cidade dos Thakurs). Durante o período Gupta o emperador Chandragupta II Vikramaditya construíu unha cidade no lugar (400 dC) que o seu sucesor Samand Pal nomeou Samand Pal Nagri. E finalmente Raja Dip Chand rei de Delhi donou a rexión ao seu sobriño Lohar Chand quen renomeou a cidade Loharpur.