Póla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rama»)
Póla dunha árbore do xénero Syringa.
Póla de Buddleja davidii.
Corte lonxitudinal dunha póla.

A póla, galla, gallo, varelo ou rama[1] é a parte da árbore na que medran as súas follas e os seus froitos. Trátase dunha estrutura de madeira conectada ao tronco central dunha árbore ou dun arbusto.

Unha rama pequena tamén se coñece como franza, ademais das formas máis evidentes: poliña e ramiña.[2]

Características[editar | editar a fonte]

As pólas poden desenvolverse de xeito horizontal, vertical ou diagonal, aínda que esta última é a que presentan a maior parte das pólas arbóreas.

As ramas ou pólas son a parte da árbore que se talla durante a poda para aumentar a produción de froitos, entre outros motivos.

Durante o inverno, pódense distinguir as árbores de folla caduca observando o corte lonxitudinal dunha rama.

Ao igual que unha viga, unha rama flexiónase concentrándose o esforzo máximo na base da mesma. Aínda que normalmente a tronza non chega a ocorrer, posto que o seu peso non é dabondo. Non obstante, unha sobrecarga, como o peso dun animal ou a acción do vento pode facer que se produza a fractura da póla ao superar unha tensión mecánica determinada.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]