Hiram Stevens Maxim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maxim portrait.jpg

Hiram Stevens Maxim, nado en Sangerville, Maine, o 4 de febreiro de 1840 e finado e n Londres o 24 de novembro de 1916, foi un inventor estadounidense coñecido sobre todo pola invención da metralladora Maxim en 1884, a primeira metralladora portátil e totalmente automática. Tamén realizou algúns intentos de realizar máquinas voantes, pero os seus deseños nunca chegaron a voar. Non obstante, a súa atracción de feira "Máquina voante cativa" foi moi popular nas feiras británicas.