Centro Ecuestre de Antela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hipódromo de Antela»)

Coordenadas: 42°06′05″N 07°43′00″O / 42.10139, -7.71667

Carreira no hipódromo, coa Torre da Pena da Portela ao fondo.
Chegada de Moonlight e Parade Ground.
Seguimento das carreiras por parte da xente.

O Centro Ecuestre de Antela abrangue unha serie de instalacións, dependentes da Deputación Provincial de Ourense, situadas no concello de Sandiás, no antigo predio da lagoa de Antela.

Características[editar | editar a fonte]

Estas instalacións están centradas no fomento da cría cabalar (programa de cría integrado), da formación relacionada co mundo do cabalo (non só os xinetes, senón tamén a profesionais como técnicos en manexo, ferradores, albardeiros etc.).

Estas instalacións contan cunha pista de velocidade (sendo coñecida baixo a denominación de Hipódromo de Antela), de 1.400 metros de longo por 20 de ancho, bancada para público e cun picadeiro de dimensións olímpicas. Nela realízanse xornadas de carreiras, nas que se comprobou o seu excelente comportamento. Por dimensións e calidade pódese comparar coas mellores de España.

Ademais da celebración das carreiras, o obxectivo principal do centro é o adestramento de cabalos de aptitude deportiva, en tódalas modalidades de competición. A oferta de instalacións deste tipo é hoxe practicamente inexistente en Galicia.

Carreiras en 2020[editar | editar a fonte]

O programa de carreiras que se celebrarán no hipódromo de Antela inclúe 4 datas:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]