Himno Nacional da Bandeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Himno Nacional da Bandeira ("國旗歌; gúoqí gē") da República de China interprétase durante o izado e a baixada da bandeira da República China. Debido á presión da República Popular China sobre o status político de Taiwán, este himno interprétase na vez do Himno Nacional da República de China nos acontecementos internacionais tales como os Xogos Olímpicos onde o os deportistas de Taiwán participan como China Taipei, xa que este himno é menos polémico có himno nacional, en parte porque é menos partidario en natureza (posto que o himno nacional foi primeiro himno do Kuomintang). A letra foi escrita en chinés clásico por Tai Chi-tao, quen tamén escribiu a letra do himno nacional da república China. A música foi composta por Huang Tzu.