Hildeprando de Spoleto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hildeprando foi duque de Spoleto desde 774 ata 789.

Historia[editar | editar a fonte]

Cando Teodicio de Spoleto morreu loitando no Cerco de Pavía en 774, os longobardos do ducado de Spoleto elixiron a Hildeprando como duque e sometéronse rapidamente aos francos. Hildeprando foi a Roma tras o exército franco e rendeu homenaxe ao papa Hadrián I. Con todo, a disputa entre Carlomagno e Hadrián sobre quen debía ter a soberanía sobre Spoleto foi resolta en favor dos francos nos seguintes anos. En xaneiro de 776, Hildeprandus gloriosus et summus dux ducatus Spoletani fixo unha doazón á Abadía de Farfa datada segundo o ano do reinado de Carlomagno. Este formulismo continuou en 777 de xeito que coa súa linguaxe excluía de feito a soberanía papal sobre o territorio.[1]

En 775, Hadrián alegou que Hildeprando se unira á conspiración de Hrodgaud de Friúl and Arechis II de Benevento, pero non hai evidencia de que Hildeprando estivese involucrado. Hildeprando quedou como un firme rival do papado desde aquela.

En 779, Hildeprando viaxou a Virciniacum, probabelmente preto de Compiègne, para profesar fidelidade a Carlomagno. Levou canda el regalos e marchou coa promesa de que o rei había protexer os seus intereses dos do papa.

En 788, Hildeprando uniuse ás tropas francas e longobardas na resistencia á invasión bizantina. Morreu ao ano seguinte e, por designación real, sucedeuno un franco chamado Winixiso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hodgkin, 31.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Italy and her Invaders, de Hodgkin, Thomas. Clarendon Press: 1895.