Herodes Arquelao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Herodes Arquelao nado o ano 23 antes de Cristo e finado o ano 18, fillo de Herodes o Grande, foi un etnarca de Xudea, Edóm e Samaría.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educado en Roma, sucedeu a Herodes o Grande segundo disposición testamentaria deste no último momento postergando ao seu irmán Herodes Antipas a Galilea e Perea, e que inicialmente era o principal candidato. Ámbolos dous eran fillos de Malthace, samaritana de nación e unha das 10 mulleres de Herodes. O seu sangue samaritano supúxolle o rexeitamento de boa parte dos xudeus. O exército axiña recoñeceulle como rei, posteriormente Octavio Augusto concedeulle soamente o título de etnarca.

Esmagou unha rebelión de fariseos provocando unha matanza de miles de sublevados. A prolongación dunha política represiva espallou o descontento. Determinados grupos de xudeus e samaritanos solicitaron do Imperio a súa destitución. Finalmente Augusto acordou o seu exilio a Vienne na Galia no ano 6 e dispuxo o control romano directo de Xudea a través do gobernador de Siria.