Hempel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 55°47′33.25″N 12°31′39.3″E / 55.7925694°N 12.527583°E / 55.7925694; 12.527583

Hempel AS
Tipo Sociedade Anónima
Fundación xullo de 1915
Matriz Grupo Hempel
Localización Copenhague, Dinamarca Dinamarca
Fundador Jørgen Christian Hempel
Persoas clave Klaus Møller
Industria Química
Produtos Pintura Naval e industrial
Beneficio 916 milóns de euros (2008)[1]
Beneficio operativo 89 millóns de euros
Beneficio neto 57 millóns de euros
Número de empregados 5.000[2]
Páxina web hempel.es


Hempel é unha empresa dinamarquesa de pinturas mariñas fundada en 1915. Foi a primeira empresa que vedeu a mesma cor cada vez que se mercaban os seus produtos.

Historia[editar | editar a fonte]

A empresa Hempel’s Marine Paints foi fundada en 1915 por Jørgen Christian Hempel por entón con 21 anos de idade como distribuidor de pintura en Dinamarca. Entón as mezclas da pintura as facía cun vello muíño de café e o produto era distribuído pola costa de Copenhague. En 1917, traballou co Instituto Tecnolóxico Danés (DTI) para facer o primeiro revestimento antiincrustante do mundo para os cascos dos buques. Ata entón os cascos de madeira eran forrados de chapas de chumbo ou cobre. Hempel é hoxe a empresa líder mundial en pintura antiincrustante mariña[3]. En 1948 creouse a fundación Hempel para continuar cos obxectivos da empresa e actual propietaria.

Hempel opera en 80 países e ten 21 fábricas, 47 oficinas técnicas e 150 distribuidores. A empresa ten tres centros de investigación con laboratorios en Singapur, Dinamarca e España.

Hempel en España[editar | editar a fonte]

Hempel empezou a vender en España en 1917. En 1929 participou na exposición internacional de Barcelona. Abriu a súa fábrica en España en 1964 na localidade catalana de Polinyà onde traballan 198 persoas. Ten unha capacidade de produción de 16.000 toneladas[4] e unha superficie de 31.000 metros cadrados.

Dende 1980 en Polinyà ten Hempel un laboratorio de I+D[5].

A empresa ten certificacións:

  • UNE-EN ISO 9001: 2008
  • UNE-EN ISO 14001
  • OHSAS 18001

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]