Havat Gilad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHavat Gilad
Imaxe

Localización
Mapa
 32°12′N 35°11′L / 32.2, 35.18Coordenadas: 32°12′N 35°11′L / 32.2, 35.18
Distrito (pt) TraducirXudea e Samaria Editar o valor em Wikidata
Creación2002 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Havat Gilad (hebreo: חַוַּת גִּלְעָד, lit. Granxa de Gilad) é un asentamento israelí situado no distrito de Xudea e Samaria, na rexión de Cisxordania, establecido no ano 2002 na memoria de Gilad Zar, fillo de Moshe Zar e coordinador de seguridade do Consello rexional de Shomron, que foi asasinado no 2001.[1] O asentamento foi legalizado o 4 de febreiro de 2018, ata entón era considerado como asentamento ilegal polo goberno israelí e aparecía na lista de asentamentos que o país prometeu desmantelar.[2][3] O asentamento foi desmantelado en varias ocasións, pero os colonos regresaban para restablecelo.[4] Como consecuencia do recoñecemento por parte do goberno israelí, Havat Gilad puido conectarse á rede de electricidade e auga, ademais de entrar a formar parte do Consello Rexional de Samaria.[5]

Propiedade da terra[editar | editar a fonte]

Havat Gilad, foi un dos 90 asentamentos xudeus construídos en Cisxordania sen autorización do Goberno de Israel,[6] sitúase nunha parcela privada propiedade de Moshe Zar, un Sionista relixioso e amigo do antigo primeiro ministro Ariel Sharon. Segundo Zar, mercou a propiedade da parcela a uns palestinos en 1979, porén foi levado en varias ocasións ante os xulgados acusado de falsificar os contratos.[7] Logo da morte do seu fillo Gilad, Zar prometeu que establecería seis asentamentos na súa memoria, un por cada letra do seu nome.[8] O asentamento foi derribado no 2011 e tras isto houbo varios intentos de reconstruír e ampliar as estruturas, enfrontándose aos habitantes da vila palestina de Jit, que afirman que os colonos están edificando sobre terreo de propiedade palestina. A Administración Civil israelí examinou as queixas, mentres afirmaba que "moitas das terras da rexión eran de propiedade privada palestina".[9]

Ataque en xaneiro de 2018[editar | editar a fonte]

O 9 de xaneiro de 2018, o médico residente voluntario e rabino de Havat Gilad, Raziel Shevach, recibiu un disparo por parte dun asaltante sen identificar, mentres conducía o seu vehículo preto da súa casa pola Autoestrada 60.[10][11] Como consecuencia disto se realizaron controis de estrada na rexión para buscar aos autores.[12]

A pesar de non reclamar a autoría do ataque, o grupo terrorista Hamas afirmou que o ataque fora "a primeira resposta práctica para recordar aos líderes inimigos e aqueles que os apoian (os Estados Unidos) que o que temían está chegando", segundo publicou o xornal The Times of Israel. O brazo militar de Hamas, as Brigadas Izz ad-Din al-Qassam tamén afirmaron que "Cisxordania seguirá sendo un coitelo nos seus corpos".[13]

O ministro de defensa de Israel emitiu un comunicado en resposta ao ataque segundo o cal o goberno estaba considerando legalizar o asentamento.[14][15]

David M. Friedman, o embaixador dos Estados Unidos de América en Israel, publicou un tweet dicindo: "un pai israelí de seis fillo foi asasinado pola noite a sangue fría por terroristas palestinos. Hamas bendí aos asasinos e as leis da Autoridade Palestina os premiarán financeiramente".[16]

Turismo[editar | editar a fonte]

Algúns residentes do asentamento desenvolveron espazos turísticos e de actividades abertas aos visitantes de Israel e do exterior. En xaneiro de 2016, o xornalista do The New York Times Steven Erlanger visitou o lugar e pasou a noite nunha das casas para invitados.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gilad Farm". Peace Now. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 4 de marzo de 2011. 
  2. Elias, Nir (4 de febreiro de 2018). "Israel legalizes West Bank outpost after settler killed" (en English). Reuters. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. Dan Izenberg (30 de xullo de 2009). "Israeli NGO Battles Settlements in US". Jerusalem Post. Consultado o 4 de marzo de 2011. [Ligazón morta]
  4. "Eight settlers arrested in clashes with police in illegal West Bank outpost". Haaretz. 28 de febreiro de 2011. Consultado o 4 de marzo de 2011. 
  5. "Cabinet approves Havat Gilad recognition". israelnationalnews.com (en inglés). 4 de febreiro de 2018. Consultado o 18 de maio de 2018. 
  6. 'Israel searches West Bank after settler killed in drive-by shooting,' BBC News 10 de xaneiro de 2018.
  7. Samantha M. Shapiro (16 de febreiro de 2003). "The Unsettlers". New York Times. Consultado o 4 de marzo de 2011. 
  8. Nadav Shragai (7 de xuño de 2006). "Ramat Gilad residents prefer their mobile homes to luxury homes". Haaretz. Consultado o 4 de marzo de 2011. 
  9. Yair Altman, Settlers resume construction in Havat Gilad Ynet 8 de marzo de 2011
  10. "They've shot me!": The Slain Man from Terrorist Attack Records Message to his Paramedic Friends, Walla News (Hebrew)
  11. Lubell, Maayan (9 de xaneiro de 2018). "Israeli Dead in Suspected West Bank Palestinian Shooting Attack". US News & World Report. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  12. "IDF expands search for rabbi’s killers, closes off villages in Nablus area" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2018. 
  13. Jacob Magid, 'Hauling West bank Shooting Hamas warns of more attacks to come,' The Times of Israel 9 de xaneiro de 2018.
  14. ' We’ll look into legalizing outpost after resident killed by terrorists,' The Times of Israel 9 de xaneiro de 2018
  15. 'Israel considers legalizing West Bank outpost of murdered rabbi,' i24news 9 de xaneiro de 2018.
  16. "After terror attack, US ambassador accuses Palestinians of preventing peace" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2018. 
  17. Erlanger, Steven (7 de febreiro de 2016). "West Bank Settlers’ Listings on Airbnb Draw Palestinian Anger". New York Times. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]