Hauru no Ugoku Shiro
| O castelo ambulante | |
|---|---|
| Título orixinal | Hauru no Ugoku Shiro |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Hayao Miyazaki |
| Produtor | Toshio Suzuki |
| Guión | Hayao Miyazaki |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Chieko Baishō Takuya Kimura Akihiro Miwa |
| Música | Jō Hisaishi |
| Fotografía | Animación |
| Montaxe | Takeshi Seyama |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | Toho (Xapón) Walt Disney Pictures (USA) |
| Ano | 2004 |
| Duración | 119 minutos |
| País | |
| Xénero | Animación, Steampunk, Aventuras |
| Orzamento | $24.000.000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Hauru no Ugoku Shiro (en xaponés ハウルの動く城) é un filme de animación en lingua xaponesa de 2004, escrita e dirixida por Hayao Miyazaki. Esta baseada na novela de Diana Wynne Jones Howl's Moving Castle.
Índice |
Argumento[editar]
Sophie ten dezaoito anos. Traballa sen descanso na tenda de sombreiros que rexentaba o seu pai antes de morrer. Nun dos seus pouco habituais paseos pola cidade, Sophie coñece ó mago Howl (Hauru en Xapón). Howl é un xove con poderes extraordinarios pero a Sophie dálle a impresión de que Howl agacha algo.
O encontro entre Sophie e Howl non pasou desapercibido para a Meiga, quen odia terriblemente a Howl. Cando Sophie volve á tenda, a Meiga, facéndose pasar por unha clienta, enfeitízaa, transformándoa nunha vella de 90 anos que non pode dicir a súa verdadeira identidade.
Sophie, vese na obriga de a abandonar o seu fogar e decide entón buscar a Howl para que lle axude a romper o feitizo. Howl vive nun “castelo máxico” que ten a peculiaridade de trasladarse a vontade do seu dono. Sophie mergúllase no descoñecido, na busca do castelo ambulante, perdéndose en terras desoladas. Finalmente e case por casualidade, chega ó lugar no que se atopa a residencia de Howl. Alí coñece ó xove aprendiz de meigo, Marko, e ó encargado do mantemento do castelo, Calcifer, un demo do lume. Ó non poder revelar a súa identidade, Sophie ten que inventar algunha escusa para quedar no castelo, e consegue que a contraten como asistenta.
Personaxes[editar]
(Voces de dobraxe na versión orixinal xaponesa)
- Chieko Baishō como Avoa Sophie
- Takuya Kimura como Howl (Hauru)
- Akihiro Miwa como a Meiga
- Tatsuya Gashūin como Calcifer
- Chieko Baishō como Xove Sophie
- Ryūnosuke Kamiki como Markl
- Haruko Katō como Madam Suliman
- Yayoi Kazuki como Lettie
- Mayuno Yasokawa como Honey
- Yō Ōizumi como Príncipe Justin/Turnip
- Akio Ōtsuka como Ministro de Defensa
- Daijirō Harada como Heen (o Can)
- Rio Kanno como Madge
- Mark Silverman como King
- Tomoe Hanba como Kabuto
Premios e nomeamentos[editar]
- 2005: Nomeada ó Oscar: Mellor filme de animación.
- 2005: Círculo de críticos de Nova York: Mellor filme de animación.
- 2005: Nomeamento ó León de ouro en el Festival de Venecia: Mellor director.
Véxase tamén[editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Ligazóns externas[editar]
- Web Oficial (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha en IMDb (en inglés)