Kurenai no Buta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Porco Rosso
Logo título do filme
Ficha técnica
Título orixinalKurenai no Buta
DirectorHayao Miyazaki
ProdutorToshio Suzuki
GuiónHayao Miyazaki
IntérpretesShūichirō Moriyama
Tokiko Kato
Akemi Okamura
Akio Ōtsuka
MúsicaJoe Hisaishi
FotografíaAtsushi Okui
MontaxeTakeshi Seyama
EstudioStudio Ghibli
Studio Pierrot
DistribuidoraToho (Xapón)
Walt Disney Pictures (USA)
Estrea1992
Duración94 minutos
Orixe Xapón
XéneroAventura, fantasía
Orzamento$9 200 000
Recadación$34 100 000
Na rede
http://movies.disney.com/porco-rosso
IMDB: tt0104652 Filmaffinity: 169128 Allocine: 10257 Rottentomatoes: m/porco_rosso Allmovie: v134907 TCM: 517001 Metacritic: movie/porco-rosso Netlix: 70019060Editar o valor em Wikidata

Porco Rosso (紅の豚 Kurenai no Buta?, en galego Porco Vermello), é un filme de anime de 1992 sobre un piloto italiano da primeira guerra mundial, que vive coma cazarrecompensas independente contra os "Piratas do Aire" no Mar Adriático. Disque foi vítima dunha maldición que o converteu nun porco. Outros aseguran que el mesmo maldiciuse ó remata-la Gran Guerra, farto dunha humanidade corrupta e que adoraba a guerra e o sangue. Cando coñece a Fio decátase de que aínda quedan persoas boas e puras e dalgún xeito, é capaz de anula-lo feitizo.

Foi orixinalmente pensada coma unha película para amosar en voo para as Japan Airlines, baseada no manga de Miyazaki The Age of the flying Boat (A Era dos Botes voadores), pero a produción foi ensombrecida pola guerra en Iugoslavia que acabou dándolle á película un ton máis serio.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Porco é un cocho aviador que frustra todos os actos de piratería perpetrados polos piratas aéreos do Adriático. Estes, decididos a acabar con valente e hábil aviador, póñense de acordo para contratar a un aventureiro americano cuxa misión será eliminalo.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Actor de dobraxe
Porco Rosso Shuichiro Moriyama
Donald Curtis Akio Ōtsuka
Madame Gina Tokiko Kato
Mamma Aiuto Gang Boss Tsunehiko Kamijo
Mr. Piccolo Sanshi Katsura
Fio Piccolo Akemi Okamura

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1992: Mainichi Film Concours: Mellor filme de animación e mellor BSO.
  • 1993: Festival de Annecy: Mellor longametraxe.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]