H. E. Bates
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Herbert Ernest Bates, máis coñecido como H. E. Bates, nado en 1905 e finado en 1974, foi un escritor inglés.
Traxectoria[editar]
Naceu en Rushden, Northamptonshire, estudou en Kettering. Despois de deixar a escola traballou como xornalista e como mozo de almacén. A maioría dos seus libros inspíranse na vida rural de Northamptonshire.
Aínda que se sabe que escribiu dúas novelas antes, a primeira que publicou foi The Two Sisters (1926). Durante a Segunda Guerra Mundial escribiu para a RAF novelas co alcume literario de Flying Officer X, aínda que a súa mellor novela bélica, Fair Stood the Wind for France (1944), escribiuna co seu propio nome.
Aínda que foi un autor coñecido en vida, o seu grande éxito chegoulle postumanente, coas adaptacións televisivas dos seus libros The Darling Buds of May e as súas secuelas, e My Uncle Silas.