Gumersindo Rodríguez Costas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGumersindo Rodríguez Costas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoTui, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesSantiaguiño Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , sindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Gumersindo Rodríguez Costas, coñecido como Santiaguiño, nado en Tui e finado en Pontevedra o 11 de agosto de 1936, foi un industrial e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Panadeiro de profesión, era o líder da CNT en Tui. Cando as tropas nacionais entraron en Tui, os seus compañeiros tiñan preparada unha lancha para fuxir en Baiona, pero Gumersindo decidiu quedar. Fusilárono no Monte Aloia xunto a outros republicanos e guindárono nunha fosa. Ferido de bala na cabeza, o crego don Basilio, descubrindo que seguía vivo antes de soterralo, mandou que o enviasen ao Hospital Provincial de Pontevedra. Quedou cego e estábase recuperando, pero envelenárono e morreu días despois.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Muere un revolucionario de Tuy", El Pueblo Gallego, 13-8-1936, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]