Guerra anglopersa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guerra anglopersa
Kooshab.jpg
Forzas indo-británicas atacando na Batalla de Khushab
Data 1856 - 1857
Lugar Sur de Persia (Irán), Afganistán Occidental.
Resultado Vitoria decisiva británica
Belixerantes
Flag of the United Kingdom.svg Imperio británico
Flag of the British East India Company (1801).svg Compañía Británica das Indias Orientais
Flag of Afghanistan (1880–1901).svg Afganistán
Flag of Agha Mohammad Khan.svg Persia
Líderes
Flag of the United Kingdom.svg Sir James Outram Flag of Agha Mohammad Khan.svg Nasereddin Shah
Baixas
1535 mortos en Herat 500 mortos en Khushab

A Guerra anglopersa foi un conflito militar que enfrontou ó Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Persia (que era nese momento gobernada pola Dinastía Qajar), que durou dende o 1 de novembro de 1856 até o 4 de abril de 1857. Durante a guerra, os británicos opuxéronse a un intento de Persia de rescatar a cidade de Herat. A pesar de que Herat era parte de Persia baixo a Dinastía Qajar, no intre en que estourou a guerra era parte do oeste de Afganistán (Afganistán era daquela unha entidade moi feble). A campaña levouse a cabo con éxito para os británicos, baixo a dirección do Xeneral Sir James Outram en dous escenarios: a costa sur de Persia, preto de Bushehr e o sur de Mesopotamia (o nome antigo para a rexión e anterior á formación da nación de Iraq). Como resultado da guerra, Persia retirouse de Herat e asinou un novo tratado no que rendeu as súas pretensións sobre a cidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • English, Barbara. 1971. John Company's Last War. London: Collins.
  • Hunt, Capt. G. H. and George Townsend. 1858. Outram & Havelock's Persian Campaign. London: G. Routledge & Co.
  • Outram, Lieut. General Sir James. 1860. Lieut.-General Sir James Outram's Persian Campaign in 1857. London: Smith, Elder and Co.
  • Walpole, Sir Spencer. 1912. A History of England from the Conclusion of the Great War in 1815. London: Longmans, Green, and Co. (vol. VI, pp. 266–273)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]