Griot
| Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de Artigos con problemas e de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado (se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico). (Desde abril de 2009.) |
O griot ou jeli é unha sorte de mestura de cantante e poeta de carácter ambulante propio das culturas de África Occidental e que está considerado como o depositario da tradición oral destes pobos. A pesar de que os griots deben memorizar sen erros moitas cancións e tradicións populares, teñen a habilidade de traducilos a contextos contemporáneos. Deste xeito, os griots non só son unha grande fonte para a historia local destes pobos senón que tamén supoñen un esforzo de sátira e crítica política.
Na actualidade os griots exténdense por varios países de África Occidental: Mali, Gambia, Guinea, Sáhara Occidental e Senegal, e están presentes entre os pobos Mande (Mandinka, Malinké, Bambara, etc.), Fulɓe (Fula), Hausa, Songhai, Tukulóor, Wolof, Serer, Mossi, Dagomba, Árabes mauritanos e outros grupos menores. O termo «griot» provén seguramente da transliteración ao francés, «guiriot», da palabra galego-potuguesa «criado».
Nas linguas africanas reciben moitos nomes: jeli nas zonas setentrionais dos Mande e jali nas meridionais, guewel en Wolof, gawlo en pulaar (Fula), e igiiw (ou igawen) en árabe Hassaniyya. Os griots son unha caste endogámica, isto é, é a través do sangue que se transmite esta sabedoría e só a través del se pode acceder a ocupar esta función social.
Griots modernos [editar]
Dado que estes homes son os depositarios da historia do seu pobo, unha tradición que se transmite oralmente a través das músicas e poemas, e debido tamén ao seu carácter inmediato e de cultura en presente, que inclúe a sátira e a crítica social, son moitos os que viron unha continuidade entre estas tradicións da África Occidental e novos artistas e personaxes do mundo actual, especialmente entre aqueles de orixe africana.
Foron moitas as persoas que se sentiron influídos por estas figuras e é habitual relacionar aos Griots con movementos modernos coma o hip hop ou as músicas xamaicanas con un contido máis especificamnete político. Algúns mesmo se reivindicaron coma griots modernos. Este termo, por tanto, é bastante acaído para referirse a unha grande cantidade de artistas afroamericanos que mesturan no seu estilo canción, rapeo e declamación poética, con un forte contido crítico político-social, caso dos Watts Prophets, Last Poets, Mutabaruka, Linton Kwesi Johnson, Saul Williams, Gil Scott-Heron, etc.