Gravity Recovery and Interior Laboratory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GRAIL / Gravity Recovery and Interior Laboratory
GRAIL (cropped).jpg
Representación artística das naves GRAIL
Tipo Científico
Organización NASA
Data de lanzamento 10 de setembro de 2011, 13:08 GMT[1][2][3][4][5][6][7]
Foguete portador Delta 7920H[3][4][8]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampa 17B[3][4][9]
Obxectivo da misión Medición do campo gravitatorio luar.[3][4][9][3][4]
NSSDC ID 2011-046A
Masa 132,6 kg cada nave[8][3][4][9]

GRAIL (acrónimo de Gravity Recovery And Interior Laboratory) foi unha misión composta por dous satélites artificiais da NASA, lanzados o 10 de setembro de 2011 mediante un foguete Delta 7920H desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[3][4][8][9]

Características[editar | editar a fonte]

GRAIL estaba composto por dous satélites, denominados GRAIL A e GRAIL B e máis tarde bautizados como Ebb e Flow. A súa misión era determinar, por medio da medición precisa da distancia entre as dúas naves mentres estaban en órbita e por tanto das variacións do campo gravitatorio, a estrutura do interior luar, investigar evolución térmica da Lúa, cartografiar a estrutura da codia e a litosfera, estudar a estrutura das cuncas de impacto e a orixe dos mascons, determinar a evolución temporal da codia e o vulcanismo luares e determinar os límites do núcleo luar. GRAIL é herdeira da misión GRACE, que estudou as variacións do campo gravitatorio terrestre.[3][4]

As naves foron construídas por Lockheed Martin usando o bus XSS-11 e instrumentos derivados dos da misión GRACE. Tiñan forma de prisma rectangular e unha masa valeiras de 132,6 kg (202,4 kg cheas de propelente). A enerxía era proporcionada por dous paneis solares que alimentaban unha batería de ión litio e a propulsión corría a cargo dun motor de 22 N de pulo. As manobras máis sutiles tiñan lugar usando un propulsor de gas frío e tres volantes de inercia. O guiado e o control de actitude usaban un sensor solar, un sensor estelar e unha unidade inercial. As naves comunicábanse coa Terra na banda S, mentres que para a determinación da distancia entre elas usaban un sistema en banda Ka denominado LGRS (Lunar Gravity Ranging System). Ademais, levaban con varias cámaras denominadas MoonKam con fines educativos.[3][4]

Mapa do espesor da codia luar obtido polas naves GRAIL.

Desenvolvemente da misión[editar | editar a fonte]

Ámbalas dúas naves despegaron no mesmo foguete o 10 de setembro de 2011 e inxectadas nunha órbita de baixa enerxía a través do punto de Lagrange Terra-Sol L1 que as levou á Lúa en 3,5 meses. Ao final da súa viaxe, as naves aproximáronse á Lúa polo polo sur cun día de diferenza, encendendo os seus motores durante unha hora para entrar nunha órbita luar elíptica, de 8 horas de período. Tras varias manobras as naves quedaron na súa órbita de traballo, de 50 km de altura, cun período de 113 minutos e cunha distancia entre naves variable entre 175 e 225 km.[3][4][8]

Durante a misión principal, que se completou o 29 de maio de 2012, as naves foron baixando a súa órbita ata unha distancia mínima de 25 x 86 km. Ao final da misión principal se lles ordenou apagar os seus instrumentos. Tras decidir estender a misión, o control de terra ordenou encender os instrumentos de novo o 30 de agosto, baixando a órbita ata só 23 km sobre a superficie luar. Ao final da misión extendida, e debido á imposibilidade dunha segunda extensión polo agotamento do propelente, as naves foron dirixidas para impactar sobre a superficie o 17 de decembro de 2012.[3][4][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "GRAIL A" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=37801. Consultado o 26 de marzo de 2013.
  2. "GRAIL B" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=37802. Consultado o 26 de marzo de 2013.
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 "Gravity Recovery And Interior Laboratory-A (GRAIL)" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2011-046A. Consultado o 26 de marzo de 2013.
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 "Gravity Recovery And Interior Laboratory-B (GRAIL)" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2011-046B. Consultado o 26 de marzo de 2013.
  5. "Note verbale dated 14 November 2011 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (11-87980): 4. 12 de decembro de 2011. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=3551.
  6. "GRAIL-A" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-2011.html#GRAIL-A. Consultado o 26 de marzo de 2013.
  7. "GRAIL B" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-2011.html#GRAIL-B. Consultado o 26 de marzo de 2013.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 "GRAIL A, B (Discovery 11, Ebb, Flow)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/grail.htm. Consultado o 26 de marzo de 2013.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "Grail" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/grail.htm. Consultado o 26 de marzo de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gravity Recovery and Interior Laboratory

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]