Grant Allen
Grant Allen, nado en Kingston, Ontario, en 1848 e finado en Haslemere, Surrey, en 1899, foi un escritor científico e novelista canadiano.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo de Joseph Antisell Allen, un pastor protestante irlandés[1][2], estudou en Irlanda e Francia, e en 1873 foi empregado como profesor en Xamaica. Allen, a pesar da súa formación relixiosa, tiña unha ideoloxía agnóstica e socialista. En 1876 regresou a Inglaterra, onde gañou reputación cos seus escritos científicos e obras literarias.
Os seus primeiros libros foron de divulgación científica como Physiological Æsthetics (1877) e Flowers and Their Pedigrees. Entre 1884 e 1899 escribiu 30 novelas, The Woman Who Did (1895) foi a máis popular, conta a historia dunha muller independente que ten un fillo fóra do matrimonio.
Obras [editar]
- Physiological Æsthetics - (1877)
- Philistia - (1884)
- The Devil's Die - (1888)
- The White Man's Foot - (1888)
- The Great Taboo - (1891)
- The British Barbarians - (1895)
- The Woman Who Did - (1895)
- The Evolution of the Idea of God - (1897)
Notas [editar]
- ↑ Theodore Rand. Treasury of Canadian Verse. Ayer Publishing, 1901, páxina 387
- ↑ William Greenslade e Terence Rodgers Grant Allen: Literature and Cultural Politics at the Fin de Siècle. Ashgate Publishing, 2005, páxina 24
