Antonio Concheiro Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Concheiro Iglesias
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de marzo de 1991 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Concheiro Iglesias, nado en Ordes o 25 de febreiro de 1904 e finado no mesmo concello o 2 de marzo de 1991[1], foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Banda municipal de Ordes coa súa directiva en 1932. Antonio Concheiro é o segundo da segunda fila.

Fillo de Antonio Concheiro Rodríguez. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde monárquico de Ordes durante a II República ata a vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936. En 1943 montou o Sanatorio Concheiro onde atendeu ao guerrilleiro Foucellas cando estivo ferido. En agosto de 1950 inaugurou o novo sanatorio. En 1953 fundou a Sociedad Deportiva Club Órdenes, da que foi presidente. Volveu ser alcalde en 1968. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse pola UCD e foi elixido alcalde.


Predecesor:
Javier Verea Fandiño
 
Alcalde de Ordes
 
1931 - 1936
Sucesor:
Germán Doval García
Predecesor:
Juan Liñares Castro
 
Alcalde de Ordes
 
1968 - 1983
Sucesor:
Manuel Viqueira Verea

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Eduvigis Carro Viqueira en 1928[2], foi o pai de Antonio e Luis Concheiro Carro, médico e académico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 3-3-1991, p. 71.
  2. El Orzán, 27-11-1928, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]