Godello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Godello é unha variedade galega de vide de uva branca. Dáse na ribeira do río Sil, principalmente na provincia de Ourense, pero é na comarca de Valdeorras onde o Godello alcanza o seu máximo esplendor[Cómpre referencia].

Características[editar | editar a fonte]

Ten acios de tamaño medio e densos. As bagas son de tamaño mediano e cor verderola ou amarelada. É unha planta sensíbel ao oídio, cunha uva de gran calidade e moi aromática. Produce viños equilibrados, dunha graduación entre 11,5 e 12,5 graos, de cor amarela palla; desprende aromas florais e afrutados (a mazá). Amais de na propia Galiza, a variedade tamén está autorizada para algunhas zonas de Asturias, Cantabria e Castela e León, segundo a orde de ámbito estatal APA/1819/2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]