GodWeenSatan: The Oneness é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativoWeen, publicado o 16 de novembro de 1990 a través do selo Twin/Tone Records.[1] O disco introduce varios temas claves para o grupo, como o seu eclecticismo, o sentido de humor, e a súa mascota, Boognish.
Restless Records reeditou o álbum o 11 de setembro de 2001, referíndose de broma a el como a "edición 25 aniversario" a pesar de que só pasaran once anos dende o lanzamento orixinal. A reedición contaba con son remasterizado dixitalmente, unha nova enbalaxe, e tres temas extra, "Bumblebee Part 2", "Stacey", e "Hippy Smell".[2]