Glen Hansard
| Glen Hansard | |
|---|---|
Glen Hansard no 2005 |
|
| Nome completo | Glen Hansard |
| Alias | |
| Naceu | 21 de abril de 1970 |
| Orixe | Dublín, |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | cantante, compositor |
| Xénero | Rock Folk rock |
| Instrumento(s) | voz e guitarra |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | Plateau Records, Overcoat Recordings, Island Records |
| Relacionado con | The Frames, The Swell Season, Markéta Irglová |
| Tempo en activo | 1983 - presente |
| Web | http://www.theframes.ie/ |
Glen Hansard, nado o 21 de abril de 1970 en Dublín, é un cantante e compositor do grupo irlandés de rock The Frames. Tamén ten traballado como presentador de televisión e actor, destacando a súa actuación no filme Once.
Índice |
Traxectoria[editar]
Hansard deixou a escola á idade de 13 anos para gaña-la vida tocando polas rúas de Dublín. A primeira vez que se deu a coñecer ó gran público foi como o guitarrista Outspan Foster no filme The Commitments. No 2003 presentou o programa de televisión da RTÉ, Other Voices: Songs from a Room. En abril do 2006 publicou o seu primeiro álbum musical en solitario The Swell Season, coa colaboración da cantante e instrumentista checa Markéta Irglová, a finesa Marja Tuhkanen ó violín e o francés Bertrand Galen ó violoncello. Tamén colaborou con Eddie Vedder no seu último traballo Ukelele Song. Tamén no 2006, actuou no filme Once, onde interpreta a un músico da rúa xunto con Markéta Irglová, que fai dunha immigrante checa que vende flores pola rúa. O filme tivo moi boa acollida no Festival de Cine de Sundance e foi gañadora dun Óscar á mellor canción orixinal.
Discografía[editar]
The Frames[editar]
Álbums[editar]
- Another Love Song (1991)
- Fitzcarraldo (1995)
- Fitzcarraldo (1996)
- Dance the Devil (1999)
- For the Birds (2001)
- Breadcrumb Trail (2002) (live album)
- Set List (2003) (álbum en directo)
- Burn the Maps (2004)
- The Cost (2006)
Singles e EPs[editar]
- The Dancer (1991)
- Masquerade (1992)
- Turn On Your Record Player EP (1992)
- Picture of Love (1993)
- Angel at My Table (1994)
- Revelate (1995)
- Monument (1996)
- I am the Magic Hand (1999)
- Pavement Tune (1999)
- Rent Day Blues EP (1999)
- Come On Up to the House
- Lay Me Down (2001)
- Headlong (2002)
- The Roads Outgrown EP (2003)
- Fake (2003)
- Finally (2004)
- Sideways Down (2005)
- Happy (2005)
- Falling Slowly/No More I Love Yous (2006)
The Swell Season[editar]
- The Swell Season (2006)
- Once Soundtrack (2007)
- Strict Joy (2009)
Filmografía[editar]
- The Commitments (1991)
- Once (2007)
- Austin City Limits (2008)
- Ballymun Lullaby (2011) - Documental
- Play (2011)
Premios e nomeamentos[editar]
Óscar[editar]
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2007 | Óscar á mellor canción orixinal | Once | Gañador |
- Nomeado ós Premios Grammy 2007 - Mellor canción escrita para filme, televisión ou outro medio audiovisual - Falling slowly do filme Once.