Gisela Mato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGisele Mato
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsicóloga , escritora Editar o valor em Wikidata
Premios

Gisele Mato Rivera, nada en Xenebra en 1978,[1] é unha psicóloga e escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Suíza de pais orixinarios de Ourense. Nos anos noventa retornou coa familia a Galicia. Licenciada en Psicoloxía, gañou o Premio de poesía do centenario do IES Otero Pedrayo e o VIII Premio Rosa de Cen follas en 2015. En 2022 gañou o premio de poesía Pérez Parallé coa obra Fraxilidades.[1][2] En 2023 obtivo o accésit do Premio Francisco Añón de Poesía coa obra Artefactos e no 2024 o Premio Manuel Lueiro Rey de poesía con Habitar as fendas.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

  • fraxilidades, 2023
  • Cuerpos ajenos, 2020.
  • Trabajo en equipo. Casos prácticos y ejercicios, 2020 (con Silvia Bermúdez).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Dacosta, Gala (2022-11-06). "A fenesa Gisela Mato obtén o Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé". La Voz de Galicia. Consultado o 2024-02-02. 
  2. RadioFene (2022-11-21). "Cabalos verdes na serra da Capelada". radiofusion.gal. Consultado o 2024-02-02. 
  3. Redacción (27 de xaneiro de 2024). "Gisela Mato Rivera faise co premio Lueiro Rey de poesía coa obra 'Habitar as fendas". nosdiario.gal. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]