Premio de poesía Pérez Parallé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Premio de poesía Pérez Parallé
Tipopremio literario
Data de fundación1987
Nomeado en referencia aXosemaría Pérez Parallé
SedeFene
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Premio Nacional de Poesía Xosémaría Pérez Parallé é un certame literario anual que convoca desde 1987 o Círculo Mercantil e Industrial-Unidad de Fene como homenaxe a Xosé María Pérez Parallé o día do seu pasamento o 1 de novembro.

Historia[editar | editar a fonte]

Nun principio o premiado era un só poema en lingua galega ou castelá. En 2005, prodúcese unha transformación radical das bases do premio, por iniciativa dunha nova directiva do Círculo Mercantil e Industrial-Unidad e de Eduardo Estévez, quen coordinaba daquela un obradoiro literario do Concello de Fene. O premio pasou entón a dirixirse de forma específica a libros de poesía en galego de autores inéditos.

Inicialmente carecía de retribución económica, consistindo o premio na publicación da obra pola editorial Espiral Maior. Desde a XXV edición o premio conta cunha dotación económica que foi inicialmente de 500 € e foi subindo até acadar os 3000 € na edición de 2020.

Edicións[editar | editar a fonte]

Edicións Ano Persoa gañadora Obra Outra información
1988[1] Guillermo Rocha Vigo Xurado: Juan Blanco Rouco, José Antonio Ponte Far, Pablo Bouza Suárez e Rafael Castro Estévez
1989
1990 César Augusto Pita Trinquete Nas ruínas dun castelo Mencións: Eumelia Sanz Vaca por "Parábola de la libertad" e Antonia Rocha Vigo por "O desterro"
1991 César Augusto Pita Trinquete Volverei a brandi-la celta lira Mencións: Eumelia Sanz Vaca por "Proclama de amor al mar" e Lázaro Domínguez Gallego por "Tríptico de la madre"
1992 Manuel Terrín Benevides Encuentro en la otra orilla
ª 1993 Mª del Carmen Rubio López La casa de los sueños
1994 Eumelia Sanz Vaca Pálpitos de atardecida
1995 Eumelia Sanz Vaca Tras de tus huellas
1996 Xoán García López Apazuga-las espadas
10ª 1997 Mª José Iglesias Seage
11ª 1998 Xoán García López Voltarán as andoriñas
12ª 1999 César Augusto Pita Trinquete Lembranza a Pérez Parallé Accésit: Lázaro Domínguez Gallego por Sonetos del peregrino
13ª 2000 Mª Paloma Díaz Andina Cando amanece Accésit: Pablo Bouza Suárez por Áncoras de agoiro
14ª 2001 Lázaro Domínguez Gallego A veces Accésit: César Augusto Pita Trinquete por Tres tempos na atardecida
15ª 2002 Pablo Bouza Suárez Entrega
16ª 2003 Lázaro Domínguez Gallego Mater admirábilis Accésit: Marcelino Sixto Deibe por Pranto de desamor
17ª 2004 Teresa Núñez González
18ª 2005 Mario Regueira Tanxerina Xurado: Carlos Negro, Miro Villar e Rosa Méndez Fonte
19ª 2006 Xiana Arias Ortigas Xurado: María do Cebreiro, Mario Regueira e Medos Romero
20ª 2007 Valentina Carro Debaixo de Dziga Vertov hai unha buxaina Accésit: Alfredo Ferreiro por Metal central
Xurado: Ana Salgado, Lino Braxe e Xiana Arias
21ª 2008 Susana Sánches Aríns (de)construçom Xurado: Alfredo Ferreiro, Rafa Villar e Valentina Carro
22ª 2009 Ramón Neto A estación única dunha illa Xurado: Baldo Ramos, Carmen Bar Cendón e Susana Sánches Aríns
23ª 2010 María Rosendo Nómade Xurado: Pedro Casteleiro, Antía Otero e Ramón Neto
24ª 2011 Lorena Souto Fase de trema Xurado: Rosa Aneiros, Marica Campo e Andrea Nunes Brións
25ª 2012 Marisol Gándara Ata o corazón da mazá Xurado: Miguel Anxo Fernán-Vello, María Rosendo e Dores Tembrás
26ª 2013 Fran Cortegoso Memorial & danza Xurado: Marisol Gándara, Ramón Blanco Fernández e Olalla Cociña
27ª 2014 Eduard del Castillo Velasco Ruído de trens Xurado: Carlos Quiroga, Mariña Pérez Rei e Gonzalo Hermo
28ª 2015 Jesús Castro Yáñez Os nomes e os himnos Xurado: Estíbaliz Espinosa, Estevo Creus e Fran Cortegoso
29ª 2016 Miriam Ferradáns Dos nomes do fume O libro editouse co título Nomes de fume
Xurado: Lara Dopazo, Paco Souto e Eduard del Castillo Velasco
30ª 2017 Carlos Lixó Gómez Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre O libro editouse co título As casas
Xurado: Chus Nogueira, María Lado e Jesús Castro Yáñez
31ª 2018 Amauta Castro A tarde. O desacougo Xurado: Manuel Forcadela, Berta Dávila e Miriam Ferradáns
32ª 2019 Regina Touceda deriva Xurado: Elvira Ribeiro, Lorena Souto, Daniel Salgado
33ª 2020 Sara Plaza Moreno[2] Todos os pasos fan ruído Xurado: Carlos Lixó, Lucía Novas, Iris Cochón
34ª 2021 Anxo Mena[3] Alimentar canarios con ovos da casa Xurado: Inma Otero, Ramiro Torres e Regina Touceda
35ª 2022 Gisela Mato[4] Fraxilidades Xurado: Sara Plaza, Tamara Andrés e Oriana Méndez
36ª 2023 Xosé Carlos Carracedo Porto[5] Xurado: Anxo Mena, Ana Varela e Alba Cid

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]