Gisèle Sapiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGisèle Sapiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Neuilly-sur-Seine, Francia Editar o valor em Wikidata
Directora Centre Européen de Sociologie et de Science Politique (en) Traducir
2010 – 2013 – Jean-Louis Briquet (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Tel Aviv
École des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de tesePierre Bourdieu Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoSociologia da cultura (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsocióloga , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorÉcole des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir
Centre national de la recherche scientifique
Délégation Paris B (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoTristan Leperlier (pt) Traducir e Daria Petushkova (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webcessp.cnrs.fr… Editar o valor em Wikidata
Twitter: SapiroGisele1 Editar o valor em Wikidata


Gisèle Sapiro, nada en Neuilly-sur-Seine o 22 de xuño de 1965, é unha socióloga francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sapiro graduouse en Literatura Comparada e Filosofía, e anos despois, tras coñecer a Pierre Bourdieu en 1989 e pasar a ser a súa alumna, comezou a aplicar a socioloxía nas súas investigacións.

Cando estaba a investigar sobre a representación da liberación de Francia despois da segunda guerra mundial aceptou as recomendacións de Bourdieu para ampliar o campo de estudo e tratar tamén a representación da ocupación. Aprendeu a realizar traballo de campo, a deconstruír o sentido común, a confrontar o empírico co teórico e a pór en diálogo as ideas coas evidencias.[1]

A investigación de Gisèle Sapiro céntrase no campo intelectual, a circulación internacional de obras e ideas, especialmente no que respecta á escrita e a literatura. Traballa moito sobre o proceso de tradución, centrándose en como definen ese proceso os axentes e cal é o seu significado. Existen diferentes enfoques, como o feito de pasar ideas dunha cultura a outra, como un proceso creativo ou onde predomina a comunicación. Desde o Centro de Socioloxía Europea, Sapiro e o seu equipo céntranse en desenvolver a socioloxía da tradución, segundo explica: "como os textos circulan dunha cultura a outra, quen son as persoas intermediarias, axentes, quen publican, critican e a importancia do proceso de recepción".[1]

É a Directora de investigación do CNRS, instituto do que recibiu a medalla de bronce no ano 2000. Desde 2011 dirixe os estudos da École deas Hautes Etudes en Sciences Sociais (EHESS), e pertence ao Centro de Socioloxía Europea (CSE), que se converteu no Centro Europeo de Socioloxía e Ciencias Políticas (CESSP), que dirixiu de 2010 a 2013.[2]

En varios dos seus libros pregúntase sobre a noción da responsabilidade do escritor.[3] Concretamente en La responsabilité des écrivains trata sobre a historia da liberdade de prensa, como se constrúe unha ética profesional e autónoma da moral social e política imposta pola sociedade.[1]

No seu ensaio Les Écrivains et la politique en France, publicado en 2018, Gisèle Sapiro estuda o papel do escritor na sociedade francesa. No século XIX a literatura e o xornalismo dan acceso á política e a partir de 1871, data da creación da Escola Libre de Ciencias Políticas, as funcións políticas profesionalízanse e a literatura politízase. En 1900, co caso Dreyfus, dous campos políticos opuxéronse dentro do xurado polo premio Goncourt. Coa Nouveau roman, na década de 1950, a política e a literatura disociáronse. Con todo, a literatura contemporánea é un lugar de crítica social e política.[4]

En La Sociologie de la littérature Sapiro achega novas claves sobre o rol social de quen escribe e a súa obra.[5] Mostra como se constrúe o obxecto de estudo entre a socioloxía e a literatura, ademais de expor diversos enfoques teóricos en 4 dos seus capítulos: teoría e enfoques sociolóxicos da literatura, as condicións sociais de produción das obras, a socioloxía das obras e a socioloxía da recepción. Investiga os principais marcos teóricos nos que se reflexionou sobre o texto literario como un feito social.[6]

No ensaio Peut-on dissocier l'œuvre de l'auteur? expón o estudo de diferentes casos: artistas que cometeron delitos sexuais, quen defenderon posicións xenófobas ou antisemitas, libros que fan apoloxía da pederastia, acusacións de violación ou quen apoiaron ditaduras ou réximes criminais. Entre outras ideas achegadas no libro, Sapiro nega que a liberdade de expresión estea en risco, e afirma que as decisións dos tribunais confirman que a xustiza ten en conta a dimensión ficticia dos textos, agás cando se trata de difamación ou invasión da intimidade.[7]

Gisèle Sapiro na Agora de l'Humanité

Obra[editar | editar a fonte]

  • La Guerre des écrivains, 1940-1953 (Fayard, 1999)
  • Translatio. Le marché de la traduction en France à l'heure de la mondialisation (Éditions du CNRS, 2009)
  • Les Contradictions de la globalisation éditoriale (Éditions Nouveau Monde, 2009)
  • L'Espace intellectuel en Europe: de la formation des États-nations à la mondialisation. S. XIX-XXI (La Découverte, 2009)
  • La Responsabilité de l'écrivain. Littérature, droit et morale en France (S. XIX-XXI) (Éditions du Seuil, 2011)
  • La Sociologie de la littérature (La Découverte, 2014)
  • Les Écrivains et la politique en France: de l'Affaire Dreyfus à la guerre d'Algérie (Seuil, 2018)
  • Des mots qui tuent. La responsabilité de l'intellectuel en temps de crise (1944-1945) (Seuil, 2020)
  • Peut-on dissocier l'œuvre de l'auteur? (Seuil, 2020)

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2000: Medalla de bronce CNRS.[8]
  • 2021: Medalla de prata CNRS.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "» Gisele Sapiro: “Trabajar con Bourdieu fue hacer ciencia”" (en castelán). Consultado o 2021-11-25. 
  2. Membres du CSE Arquivado 08 de agosto de 2009 en Wayback Machine. sur le site du centre de sociologie européenne
  3. La responsabilité des écrivains, entretien réalisé par Alain Nicolas, L’Humanité, 7 avril 2011
  4. Frédérique Roussel (26 septembre 2018). "Ecrivains en première ligne" (en francés). Consultado o 2018-10-10. 
  5. "La sociología de la literatura" (en castelán). Consultado o 2021-11-25. 
  6. Montero Corrales, Cristopher (19 de enero de 2021). "¿SOCIOLOGÍA DE LA LITERATURA? ¿QUÉ ES ESO? LEAMOS A GISÈLE SAPIRO". doi:10.15517/rcs.v0i169.45497. 
  7. Guedán, Manuel (2021-12-02). ""Los escritores y artistas no son libres de incitar al crimen o dañar la dignidad"" (en castelán). Consultado o 2021-12-22. 
  8. "Gisèle Sapiro | CNRS" (en inglés). Consultado o 2021-10-06. 
  9. "Jean-François Laslier, Gisèle Sapiro et Philippe Schlenker, médaillés d'argent 2021 du CNRS" (en francés). 2021. Consultado o 9 juillet 2021.