Giovanni Paolo Panini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Giovanni Paolo Panini, realizado por Louis Gabriel Blanchet.

Giovanni Paolo Panini ou Pannini, nado en Piacenza o 17 de xuño de 1691 e finado en Roma o 21 de outubro de 1765, foi un pintor, arquitecto e escenógrafo italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando mozo Panini estudou en Piacenza como escenógrafo teatral. Estabeleceuse en Roma en 1711, onde estudo debuxo con Benedetto Luti, obtendo sona como decorator de pazos, traballos nos que compre destacar os realizados na villa Patrizi (1718–1725) e no Palazzo de Carolis (1720).

Como pintor, Panini é máis coñecido polas súas vistas ou vedute de Roma; especialidade na que se interesou en particular polas antigüidades da cidade. Entre os seus traballos máis coñecidos están as vistas interiores do Panteón e as "vedute" nas que pintou galerías de cadros, que a súa vez mostras vistas da cidade.

No 1719 Panini foi admitido na Congregación dos Virtuosos do Panteón. Ademais ensinou en Roma na Accademia di San Luca e na Académie de France (Academia de Francia). As súas ensinanzas foron fundamentais para Hubert Robert e Jean-Honoré Fragonard. Por outra banda a súa obra levaría ao veneciano Canaletto a especializarse nas vedute.