Igrexa do Gesù

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PaísItalia
Coordenadas41°53′45″N 12°28′47″L / 41.895833333333, 12.479722222222Coordenadas: 41°53′45″N 12°28′47″L / 41.895833333333, 12.479722222222
DioceseDiocese de Roma
Estiloarquitectura barroca, arquitectura do Renacemento e Manierismo
Páxina webhttp://www.chiesadelgesu.org/
editar datos en Wikidata ]
Fachada de Giacomo della Porta da igrexa do Gesù, un precursor do barroco

A Igrexa do Gesù (en italiano, Chiesa del Sacro Nome di Gesù, ou Igrexa do Santo Nome de Xesús) situada na praza del Gesù en Roma, é a igrexa nai da Compañía de Xesús, coñecida coma os xesuítas, unha orde da Igrexa Católica. A súa fachada está recoñecida coma «a primeira verdadeiramente barroca»[1] e foi o modelo de innumerables igrexas xesuítas en todo o mundo, especialmente no continente americano.

Legado[editar | editar a fonte]

A igrexa do Gesù foi o modelo para varias igrexas da Compañía de Xesús por todo o mundo, comezando pola Catedral de Córdoba (Argentina) (1580), a igrexa de San Miguel de Múnic (1583-1597), a igrexa do Corpus Christi en Niasviž (1587-1593) e maila Igrexa da Compañía en Quito (1605). Varias parroquias comparten tamén o nome de igrexa do Gesù.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nathan T. Whitman, «Roman Tradition and the Aedicular Façade» The Journal of the Society of Architectural Historians 29.2 (Maio de 1970), (pp. 108-123) p 108.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]